Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A USC e Gradiant traballarán xuntos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O reitor da USC, Juan M. Viaño Rey, e o director xeral do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Luís Pérez Freire, asinaron un acordo que regulará actividades e proxectos conxuntos. Ao seu amparo iniciarán nos próximos días unha investigación centrada en tecnoloxías de vídeo-analítica, con demanda no sector da seguridade.


Investigadores da USC e Gradiant crearán algoritmos de detección de obxectos en vídeo a moi longa distancia (cun tamaño de moi poucos píxeles) utilizando redes neurais profundas, que nos últimos anos revolucionaron o mundo da visión artificial. Cos desenvolvementos que se realizarán será posible ampliar as capacidades dos actuais sistemas de videovixilancia intelixente para a detección temperá de ataques con drons, as operacións de procura e rescate no mar ou a monitoraxe do tráfico marítimo dende UAVs.

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) permitirlalle a GRADIANT contar con talento e, sobre todo, materializalo en tecnoloxía tanxible que chega ao mercado. Segundo Pérez Freire, o CiTIUS “é un centro punteiro e o mellor socio con que podemos contar”. Viaño destacou tamén na sinatura do acordo -este luns 20- que Gradiant “é un socio estratéxico que presta un apoio necesario” e Luís Pérez Freire asegura que o acordo “nace para aliñar capacidades, e facilitar a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial”.

O acrodo facilitará o traballo conxunto, xornadas técnicas e o acceso a demostradores tecnolóxicos e probas de concepto. Outro dos aspectos é a dirección de teses doutorais e as estancias de investigación dos profesionais das dúas entidades. Para o director do centro de investigación da USC, “o obxectivo é que Gradiant e o CiTIUS compleméntense para converter en tecnoloxía tanxible algúns resultados científicos que xa demostraron ser os mellores a nivel mundial, pero aos que aínda lles falta o último elo da cadea tecnolóxica para converterse en aplicacións reais”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)