Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco consellos para sobrevivir á costa de xaneiro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Planificar os gastos e comparar prezos son as principais claves para estirar ao máximo o presuposto no mes máis duro do ano, sobre todo tras as subas de servizos básicos como a luz ou o gas.


Despois da gran cantidade de gastos que nos vemos obrigados a realizar nas festas do Nadal, chega a temida costa de xaneiro, na que moitas familias ten que facer malabarismos para conseguir chegar a fin de mes. É por iso que o comparador de prezos idealo.es ofrece cinco consellos útiles para superar de forma exitosa este complicado tramo do ano.

1.- Organización do presuposto familiar. O primeiro paso que deben dar todas as familias, sobre todo as más numerosas, é facer un estudo dos seus gastos de cara a planificar os futuros desembolsos. Así, hai que ter en conta que gastos fixos haberá que afrontar (hipoteca, luz, auga…) e establecer a parte correspondente do presuposto familiar para cada unha desas necesidades. Desta forma poderemos saber de canto diñeiro disporemos para dedicar a outro tipo de gastos non imprescindibles.

2.- Antes de comprar, compare. A mellor forma de maximizar o aforro familiar é comparando prezos antes de realizar calquera tipo de compra. Por exemplo, comparando prezos en Internet antes de efectuar unha compra, os españois poden aforrar unha media dun 33,5 %. Ao igual que se adoita comparar prezos á hora de adquirir un voo ou reservar un hotel, é importante que fagamos o mesmo ante calquera outro tipo de compra.

3.- Controle os gastos non prioritarios. Non é o momento de facer desembolsos que realmente non sexan necesarios, polo que analice ben se realmente necesita aquilo que está pensando mercare se a súa adquisición non vai descadrar o seu presuposto. Mellor esperar un pouco e fuxir da compra por impulso, meditando ben se é o momento de realizar ese gasto.

4.- Ollo cos produtos gancho das rebaixas. Aínda que esteemos en plena época de rebaixas de inverno, hai que ter moito coidado cos supostos choios ou os grandes descontos para non levarnos un susto despois. É importante saber cal era o prezo do produto antes ds rebaixas e comprobar que efectivamente o desconto que se indica é real.

5.- Efectúe un consumo responsable. Unha das mellores maneiras de aforrar é facendo un consumo responsable de recursos como a luz ou a auga. Utilizar lámpadas de baixo consumo, non deixar todas as luces acendidas, poñer a calefacción só o necesario ou dar un paseo en vez de coller o coche en traxectos non moi longos son algúns exemplos de como se pode aforrar á vez que se axuda a protexer os recursos naturais do planeta.

A época Nadal supón un esforzo económico moi grande para moitas familias, entre comidas familiares e regalos, que en xaneiro se ten que apertar o cinto para poder chegar a fin de mes”, sinala Adrián Amorín, country manager de idealo.es, que engade: “seguindo estes consellos será posible superar a costa de xaneiro sen problema, controlando o gasto familiar, fomentando o aforro e axudando a coidar o medio ambiente.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)