Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Chega a Galicia a fase final de Inter Escolas “Get Started”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



O CIFP Paseo Das Pontes da Coruña acollerá o mércores unha das seis semifinais que se celebrarán en España desta competición creada por OTC Group co obxectivo de expandir a cultura da coctelaría e a mixoloxía polas mellores escolas de hostalaría do país.


Queda moi pouco para a gran final do campeonato Inter Escolas “Get Started, cuxa fase de selección tivo lugar en nove comunidades autónomas e que celebrará en seis cidades diferentes as semifinais nacionais. Unhas semifinais previas a unha única final, que será en Madrid en febreiro. A inscripción, que comezou o pasado 9 de outubro, concluiu o 3 de novembro coa participación de is de 50 centros de toda España e unha gran cantidade de orixinais recetas de cócteles e tapas que sobrepasan o cento.

A partir das 15.30 horas do vindeiro mércores, o CIFP Paseo Das Pontes da Coruña acollerá a semifinal galega. Nela participarán centros de toda a comunidade autónoma, como o IES Sanxillao e o IES Foz, de Lugo; o CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra; o CIFP de Santiago de Compostela; o CIFP Manuel Antonio, de Vigo; o IES Fraga do Eume, da Coruña, e o propio CIFP Paseo Das Pontes, tamén da Coruña.

Para esta semifinal, cóntase cun xurado composto por recoñecidos profesionais do mundo da coctelaría e hostalaría, como Xaime Rodríguez, campión galego de coctelaría e propietario Kubos Lalín; Domingo González, barman internacional e propietario de Temble, en Viveiro; Pilar Fernández, propietaria de Coctelería Atlántico, en Santiago de Compostela; David Ortiz, propietario da coctelaría Baobab, na Coruña, e Javi Mayo, estudante do CIFP Paseo das Pontes, clasificado en 2017 para a final en Madrid e ‘Bram Ambassador’ de tónicas Royal Bliss.

Primeira edición

Na primeira edición do campionato presentáronse un total de 50 alumnos de 50 escolas, das que 18 estiveron presentes nas semifinais e nove na final. Como novidade neste tipo de actividades, os participantes competiron en equipos de tres, sendo os tres gañadores de cada semifinal os capitáns de cada equipo. Para a primeira edición contouse cunha dotación de is de 4.000 euros en premios, dos que 2.500 euros foron para o Gran Premio adxudicado á escola gañadora, que resultou ser o IES Juniper Serra (Illas Baleares). Ademais, os nove finalistas foron invitados a participar ena edición de Spirit Essence 2017, o primeiro campionato de coctelaría por equipos a nivel nacional.

Na gran final, os nove clasificados ratificaron o gran nivel amosado por todos os participantes nesta primeira edición de Inter Escolas, na que a composición, a decoración e o aspecto xeral das recetas foron os aspectos puntuados polo xurado. Adicionalmente, os participantes tiveron que demostrar a súa capacidade para traballar en grupo e saber combinarse, facultade na que radica a diferenza e orixinalidade respecto a outras competicións. Clara Somovilla, do IES Juniper Serra, proclamouse gañadora da primeira edición do campionato cos seus sorprendentes “Honey Macallan” e “Pasion Tiki”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)