Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 'crowdfunding' inmobiliario recala en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



394 investidores prestan en catro días 255.000 euros a un promotor inmobiliario para a compra e reforma completa dunha vivenda en Vigo. A operación realizouse a través da plataforma de financiamento participativo Housers. A rendibilidade estimada en 12 meses é do 8 %.


A operación, pechada hai tres días, realizouse en tan só 4 xornadas. O promotor leva a cabo a compravenda e controla a rehabilitación do inmoble de 163 metros cadrados situado na Praza de España.  Os investidores percibirán del os intereses e a cantidade prestada tras a venda do piso, prevista nun ano. Se por exemplo, un aforrador que prestase 3.000 euros recibirá unhas ganancias 240 euros. É dicir 3.240.

 Esta zona viguesa na que a construción de obra nova estivo todos estes anos parada conta agora cunha alta demanda. A rehabilitación realizarase través do modelo “Home- Staging”. O obxectivo final é vendela despois nun prazo estimado de doce meses. A promotora encárgase tamén da súa comercialización, ademais de facer un seguimento continuo de toda a vida do proxecto. Segundo Álvaro Luna, socio director de Housers, “esta modalidade de préstamos participativos están moi centrados en axilizar o financiamento de proxectos que contribúen a mellorar os centros das cidades a través da reforma de vivendas e locais comerciais ou da construción de obra nova. E proporcionamos tamén rendibilidades a particulares que desexan obter interesantes rendementos aos aforros”.

Vigo converteuse nunha das cidades con maior potencial de crecemento en España. A cidade galega está a experimentar de novo un aumento no prezo da vivenda, un 4,7% interanual no terceiro trimestre de 2017 segundo TINSA. A tendencia durante todo 2017 foi moi positiva. Segundo os datos do Ministerio de Fomento, durante o primeiro trimestre de 2017 os prezos incrementáronse un 6,6%. En canto a Housers alcanza xa máis de 70.000 usuarios na súa maioría de España, Italia e Portugal, ademais de Francia, Reino Unido e Alemaña. Completou en xuño de 2017 a súa inscrición na Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) co número 20.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)