Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Docuten, a marca de Enxendra Technologies no mercado internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



A tecnolóxica galega con clientes como Desigual, Grupo Planeta, Jazztel e Petit Bateau– inicia actividade en Reino Unido, Alemaña, Francia e Polonia como primeiros países onde expandirá a súa dixitalización. Tras duplicar facturación prevé que o negocio internacional supoña o 30% da facturación nos 3 próximos anos.


Traballarán con partners locais que integrarán os produtos de Docuten. O obxectivo da empresa con sede no coruñés Polígono Agrela é “crear unha marca consolidada que reforce o traballo realizado nestes anos desde a nosa fundación en 2009 e seguir expandíndonos”. En breve lanzará, ao mercado un servizo que aúna facturación e firma electrónica.

“Case dez anos despois evolucionamos desde unha simple idea de produto a unha visión periférica sobre a dixitalización dos procesos administrativos e comerciais, queremos conseguir un ambiente eficiente e produtivo de traballo nas organizacións que se impliquen connosco e as nosas solucións”, declara Brais Méndez, CEO de Enxendra Technologies. Xunto con Ángel Aparicio abriu a firma en 2009, en 2010 a súa sede na Coruña e Madrid e, en 2013, en Barcelona. O mesmo ano que conseguiron o primeiro cliente dentro da carteira de empresas do IBEX 35.

Dentro desta fase de expansión internacional Docuten quere formar parte do proxecto Peppol (Pan-European Public Procurement Online) un estándar europeo cunha rede que garante a total interoperabilidade entre servizos electrónicos de aprovisionamento (e-Procurement) e facturación (e-Invoicing). A compañía pechou 2017 duplicando a facturación do ano anterior ao que hai que sumarlle a incorporación á carteira de clientes de grandes multinacionais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)