Actualidade
Un estudo galego revela que hai alteracións xenéticas que condicionan a evolución do cancro de próstata
07 out 2026 0
Un de cada doce pacientes con cancro de próstata de alto risco presenta alteracións xenéticas hereditarias relevantes, segundo un estudo realizado por investigadores galegos. O traballo, publicado pola revista científica European Urology Open Science, reforza o valor da información xenética para avanzar cara a unha atención máis personalizada.
O Día da Ciencia en Galicia celébrase este xoves cun acto dedicado á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, que estudou como os cambios que se producen no mar repercuten no clima do planeta
07 out 2026 0
A Real Academia Galega de Ciencias celebra este xoves, 8 de outubro, o Día da Ciencia en Galicia, que dedica á oceanógrafa Aida Fernández Ríos. Durante o acto, que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca de Santiago, entregaranse as cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede cada ano a RAGC.
Teremos catro hidroxeneras en 2027 para flotas profesionais e o mundo do mar
06 out 2026 0
Estarán na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra. O obxectivo prioritario é dar servizo a flotas profesionais, camións de gran tonelaxe e maquinaria industrial. O hidróxeno ofrece maior autonomía e tempos de recarga moito máis rápidos (menos de 12 minutos) que os motores eléctricos de batería convencional.
É un despregamento privado impulsado por HVR Energy - quere contar con 75 operativas en 2030 nos principais corredores loxísticos de España- aproveitando que Galicia aspira a ser unha potencia en hidróxeno verde. Hai modelos de camións, buses e barcos en proba.
Sen apenas sorpresas: Estrella Galicia e Zara revalidan liderado como as marcas favoritas de orixe galega
06 out 2026 0
O informe Top Marcas 2026-2027, elaborado por Accumin Intelligence —estudo que cumpre a oitava edición tras publicarse desde 2018—, sitúa a ambas no chanzo máis alto dos seus eidos. A cervexeira coruñesa consolida un liderado indiscutible co 42,5% dos sufraxios, e o buque de Inditex é a predilecta sobre todo en Galicia, Madrid e Andalucía.
Noutros sectores nomes como Mercadona, Ikea, Donuts, Adidas, Mapfre ou Movistar fanse tamén co ouro, aínda que en moitos casos cunha marxe mínima sobre os perseguidores.
Investigadores galegos publican, por primeira vez, un marco metodolóxico para determinar a existencia de áreas de lonxevidade extrema
05 out 2026 0
O estudo elaborado por investigadores das universidades de Santiago e Vigo establece novos requisitos para que unha zona xeográfica sexa identificada como de lonxevidade extrema. O traballo oxe do concepto comercial Blue Zone e propón unha análise máis académica das zonas de lonxevidade extrema.
Coruña Marítima entra nunha fase decisiva
05 out 2026 0
O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña alcanzou un novo fito coa recepción das cinco propostas elaboradas polos equipos finalistas do concurso internacional para elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima.


