SETEMBRO 2026


Contidos

Actualidade

A despensa muda de pel, os pratos preparados compiten forte coa cesta de toda a vida

09 out 2026 0

As potas ao lume durante horas, mesmo unha ola express, ceden terreo a un ritmo vertixinoso fronte ao microondas e ás bandexas de lineal: as familias galegas destinan preto de 21 millóns de euros ao mes a pratos preparados do supermercado. Un limiar histórico semellante ao do resto de España que consuma o deterioro dos piares seculares da alimentación, superando de xeito individual o desembolso mensual en pan, leite ou queixo.

Aínda así Galicia resiste como bastión do produto fresco e de proximidade.



Onde estarán e canto custará cada plaza nas futuras residencias de maiores proxectadas, máis proximas a un fogar compartido

09 out 2026 0

Confirmouse a adhesión unánime do 100% dos concellos seleccionados pola Xunta. Acollerán 25 novos centros e máis de 1.800 prazas en comarcas rurais e vilas de tamaño intermedio, un mínimo do 60% reservadas para a rede pública. O reparto fica así: A Coruña (9 residencias), Pontevedra (7), Ourense (5) e Lugo (4) cunha entrada en servizo escalonada entre 2026 e 2028.

O residente achegará o 75-80% dos seus ingresos líquidos, garantindo un mínimo do 20% do IPREM para gastos persoais. Tamén estamos ante a despedida ao macroxeriátrico hospitalario. Os edificios estarán compartimentados en pequenas unidades de convivencia.



Morre Xosé Manuel Beiras, un dos grandes referentes da política en Galicia

08 out 2026 0

Xosé Manuel Beiras Torrado, economista, intelectual e histórico dirixente do nacionalismo galego, faleceu esta madrugada, aos 90 anos, deixando tras de si unha das traxectorias políticas e culturais máis relevantes da Galicia contemporánea. 



Un proxecto para mellorar a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue é finalista dos Premios Fundación DomusVi

08 out 2026 0

A investigación desenvolvida no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, en colaboración con oito residencias DomusVi de Galicia, estuda novos biomarcadores sanguíneos para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado da deterioración cognitiva e as demencias

 



Galicia bate a súa marca de aforro en plans de pensións, pero por detrás da media estatal

08 out 2026 0

Os aforradores galegos contratan maioritariamente plans de pensións mixtos, de renda fixa e variable. Os perfís máis conservadores elixen arenda fixa mixta (onde as accións non superan o 30% do total) e máis decididos que optan pola variable mixta (cun peso en bolsa de ata o 75%).

Os plans variables invisten máis do 75% en accións de empresas, e gañaron moito terreo nos últimos anos sobre todo entre a xente máis nova.



O Día da Ciencia en Galicia celébrase este xoves cun acto dedicado á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, que estudou como os cambios que se producen no mar repercuten no clima do planeta

07 out 2026 0

A Real Academia Galega de Ciencias celebra este xoves, 8 de outubro, o Día da Ciencia en Galicia, que dedica á oceanógrafa Aida Fernández Ríos. Durante o acto, que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca de Santiago, entregaranse as cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede cada ano a RAGC.



Publicidade

...