Un estudo galego revela que hai alteracións xenéticas que condicionan a evolución do cancro de próstata

Un estudo galego revela que hai alteracións xenéticas que condicionan a evolución do cancro de próstata

07 out 2026 0

Un de cada doce pacientes con cancro de próstata de alto risco presenta alteracións xenéticas hereditarias relevantes, segundo un estudo realizado por investigadores galegos. O traballo, publicado pola revista científica European Urology Open Science, reforza o valor da información xenética para avanzar cara a unha atención máis personalizada.



O Día da Ciencia en Galicia celébrase este xoves cun acto dedicado á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, que estudou como os cambios que se producen no mar repercuten no clima do planeta

O Día da Ciencia en Galicia celébrase este xoves cun acto dedicado á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, que estudou como os cambios que se producen no mar repercuten no clima do planeta

07 out 2026 0

A Real Academia Galega de Ciencias celebra este xoves, 8 de outubro, o Día da Ciencia en Galicia, que dedica á oceanógrafa Aida Fernández Ríos. Durante o acto, que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca de Santiago, entregaranse as cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede cada ano a RAGC.



Teremos catro hidroxeneras en 2027 para flotas profesionais e o mundo do mar

Teremos catro hidroxeneras en 2027 para flotas profesionais e o mundo do mar

06 out 2026 0

Estarán na Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra. O obxectivo prioritario é dar servizo a flotas profesionais, camións de gran tonelaxe e maquinaria industrial. O hidróxeno ofrece maior autonomía e tempos de recarga moito máis rápidos (menos de 12 minutos) que os motores eléctricos de batería convencional. 

É un despregamento privado impulsado por HVR Energy - quere contar con 75 operativas en 2030 nos principais corredores loxísticos de España- aproveitando que Galicia aspira a ser unha potencia en hidróxeno verde. Hai modelos de camións, buses e barcos en proba.



Sen apenas sorpresas: Estrella Galicia e Zara revalidan liderado como as marcas favoritas de orixe galega

Sen apenas sorpresas: Estrella Galicia e Zara revalidan liderado como as marcas favoritas de orixe galega

06 out 2026 0

O informe Top Marcas 2026-2027, elaborado por Accumin Intelligence —estudo que cumpre a oitava edición tras publicarse desde 2018—, sitúa a ambas  no chanzo máis alto dos seus eidos. A cervexeira coruñesa consolida un liderado indiscutible co 42,5% dos sufraxios, e o buque de Inditex é a predilecta sobre todo en Galicia, Madrid e Andalucía.

Noutros sectores nomes como Mercadona, Ikea, Donuts, Adidas, Mapfre ou Movistar fanse tamén co ouro, aínda que en moitos casos cunha marxe mínima sobre os perseguidores.



Investigadores galegos publican, por primeira vez, un marco metodolóxico para determinar a existencia de áreas de lonxevidade extrema

Investigadores galegos publican, por primeira vez, un marco metodolóxico para determinar a existencia de áreas de lonxevidade extrema

05 out 2026 0

O estudo elaborado por investigadores das universidades de Santiago e Vigo establece novos requisitos para que unha zona xeográfica sexa identificada como de lonxevidade extrema. O traballo oxe do concepto comercial Blue Zone e propón unha análise máis académica das zonas de lonxevidade extrema. 

 



Coruña Marítima entra nunha fase decisiva

Coruña Marítima entra nunha fase decisiva

05 out 2026 0

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña alcanzou un novo fito coa recepción das cinco propostas elaboradas polos equipos finalistas do concurso internacional para elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima.



El Puerto de A Coruña y el CEIDA organizan una jornada sobre biodiversidad marina

El Puerto de A Coruña y el CEIDA organizan una jornada sobre biodiversidad marina

02 out 2026 0

La Autoridad Portuaria de A Coruña y el Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) celebrarán los próximos 8 y 9 de octubre la I Jornada Formativa “La biodiversidad marina en el entorno portuario”.



Cen anos do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo

Cen anos do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo

30 set 2026 0

O Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo celebrou este mes de setembro o seu centenario. Constituída en novembro de 1926, a entidade foi esencial na configuración de Lugo como cidade comercial e empresarial.



Mares Circulares reúne en Ribeira al sector pesquero para impulsar la continuidad de la pesca pasiva de residuos marinos

Mares Circulares reúne en Ribeira al sector pesquero para impulsar la continuidad de la pesca pasiva de residuos marinos

30 set 2026 0

El Puerto de Ribeira ha acogido una jornada de sensibilización de Mares Circulares, la iniciativa impulsada por Coca-Cola para contribuir a la protección de los entornos acuáticos, que ha reunido a representantes del sector pesquero, administraciones y entidades colaboradoras con el objetivo de compartir los resultados alcanzados y favorecer la continuidad de las acciones de pesca pasiva de residuos marinos.



Chef Rivera y a Pierrette Armero recibirán la Medalla de Oro a una

Chef Rivera y a Pierrette Armero recibirán la Medalla de Oro a una

30 set 2026 0

La Fundación Amigos de Galicia entregará su Medalla de Oro a José Antonio Rivera Casal, Chef Rivera, y a su esposa, Pierrette Armero, coincidiendo con la celebración de los 50 años del Restaurante Chef Rivera de Padrón. Con esta distinción, se quiere reconocer tanto una destacada trayectoria profesional como su estrecha vinculación y colaboración con las iniciativas sociales de la Fundación.



Ribadeo se suma a la campaña de Hostelería #PorElClima

Ribadeo se suma a la campaña de Hostelería #PorElClima

30 set 2026 0

ECODES, Coca-Cola, el Concello de Ribadeo y la Asociación Comerciantes Industriales Servicios y Autónomos de Ribadeo presentaron hoy la iniciativa contra el cambio climático a la que se suman 53 nuevos establecimientos hosteleros del municipio lucense.



O II Congreso Internacional de Medicina Clínica visibiliza o valor dunha formación médica integral

O II Congreso Internacional de Medicina Clínica visibiliza o valor dunha formación médica integral

28 set 2026 0

A Cidade da Cultura acolleu esta fin de semana o II Congreso Internacional de Medicina Clínica (CIMEC 2026), un encontro organizado pola Comunidade Médica en Formación (CoMeF) que reuniu máis de 700 persoas entre estudantes de Medicina, residentes e profesionais sanitarios.



Marián Mouriño, Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia

Marián Mouriño, Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia

23 set 2026 0

A presidenta do Celta recibirana despois de que a recollese o seu pai, Carlos Mouriño, a quen substituíu a finais de 2023. Formada en dirección de empresas e con posgraos en escolas de negocios, desenvolveu a súa carreira no Grupo Corporativo GES, empresa familiar con presenza en España e México onde foi conselleira delegada, ademais de formar parte da directiva do propio Círculo de Empresarios.  

A entrega será na gala conmemorativa do XXXIV Aniversario do Círculo, prevista para novembro. 



Incipresa consolida o seu salto internacional con contratos en Chile, Uruguai e Ecuador

Incipresa consolida o seu salto internacional con contratos en Chile, Uruguai e Ecuador

23 set 2026 0

Fundada en 1985 en Mos, un dos maiores carroceiros de vehículos de extinción de incendios de España vive un momento doce. Tras pechar 2025 cunha facturación de 21,5 millóns, coidan chegar aos 25 nun contexto no que a demanda supera a súa capacidade de entrega inmediata. E motivado en boa medida polo éxito da internacionalización en Hispanoamérica: é o provedor oficial da Junta Nacional de Bomberos de Chile e pechou acordos comerciais con distribuidores de Uruguai e Ecuador.

O principal freo está agora na súa propia sede. O plan para ampliar a fábrica permanece bloqueado pola afectación duns terreos vinculados a un vello proxecto viario.



Saen a concurso 153 dereitos mineiros caducados, o que non significa necesariamente minas

Saen a concurso 153 dereitos mineiros caducados, o que non significa necesariamente minas

22 set 2026 0

Repartidas por toda Galicia -contamos con 18 das 34 materias primas consideradas críticas pola UE, -son máis de 200.000 hectáreas. Dos 153 dereitos, a maioría (126) son permisos de investigación (autorizacións para tomar mostras e facer catas). Só 27 son concesións de explotación, situadas na provincia da Coruña en sitios que xa foran aproveitados como San Fins ou Corcoesto. 

A diferenza desta convocatoria está, con todo, nas regras do xogo: quen queira explotar terá que demostrar que deixa pegada positiva na contorna.



Separar ben os residuos pode ser un bo negocio

Separar ben os residuos pode ser un bo negocio

21 set 2026 0

A correcta separación desde o momento en que se xeran os refugallos facilita a súa posterior xestión, contribúe a avanzar cara a unha Galicia máis circular e, sobre todo, mellora a organización dos establecementos.



 A Fundación ASISA premia un proxecto galego para avaliar a seguridade da intelixencia artificial aplicada á oncohematoloxía

A Fundación ASISA premia un proxecto galego para avaliar a seguridade da intelixencia artificial aplicada á oncohematoloxía

21 set 2026 0

Un proxecto de investigación liderado polo Dr. Adrián Mosquera Orgueira, líder do Grupo de Hematoloxía Computacional e Xenómica do IDIS, foi seleccionado como beneficiario da I Edición das Axudas á Investigación da Fundación ASISA.O recoñecemento foi entregado este xoves en Madrid. 

 



O Parlamento Europeo apoia os cambios esixidos polo metal europeo, AEA e Asime incluidos, para protexer o noso aluminio

O Parlamento Europeo apoia os cambios esixidos polo metal europeo, AEA e Asime incluidos, para protexer o noso aluminio

17 set 2026 0

O texto definitivo decidirase agora nos trílogos entre Parlamento, Consello e Comisión Europea, pero de entrada a Eurocámara aprobou o pasado martes a redución de 50 a 5 toneladas do limiar de exención para os produtos de aluminio e pechou o baleiro normativo existente en torno á chatarra posconsumo. 

Dende Asime subliñan que a descarbonización non pode ser unha trampa que faga que Europa perda as súas fábricas por non competir en igualdade de condicións co resto do mundo. "A industria investiu en eficiencia enerxética pero precisamos mecanismos que acompañen ese esforzo e eviten a competencia desleal".



A empresa de mobles Martínez Otero merca Bermúdez Solutions grazas á entrada de capital de Grupo Portobello

A empresa de mobles Martínez Otero merca Bermúdez Solutions grazas á entrada de capital de Grupo Portobello

17 set 2026 0

As negociacións entre Grupo Portobello e a empresa da Estrada —fundada en 1942 por María Martínez, viúva e con 4 fillos, unha de tantas biografías de superación que merecería ser máis coñecida— acaban de frutificar coa entrada da xestora de fondos de capital risco como accionista maioritaria. O capital permítelle pechar a compra de Bermúdez Solutions, unha empresa de Carral tamén provedora do grupo Inditex.

Portobello Capital, fundada en 2010 e que toma participacións maioritarias en empresas medianas, conta cun vínculo estreito con Galicia que vai moito máis alá deste investimento nunha firma de mobiliario, que fai, entre outras cousas hoteis de luxo como o da imaxe de apertura, en Edimburgo.



El Puerto de A Coruña acude a la Seatrade Cruise Med 2026 con los museos del Dépor y Estrella Galicia

El Puerto de A Coruña acude a la Seatrade Cruise Med 2026 con los museos del Dépor y Estrella Galicia

17 set 2026 0

“Un Puerto de PRIMERA y un MEGAdestino de cruceros”. Este es el lema con el que el Puerto de A Coruña ha presentado esta mañana su propuesta a los operadores en la Seatrade Cruise Med 2026.



Adeus ao inventario manual forestal

Adeus ao inventario manual forestal

16 set 2026 0

Substituír a medición manual por un sistema dixital, remoto e baseado en IA é o traballo que está a facer un consorcio que presentou hoxe o proxecto CUBia. 

Cun investimento de 1,25 millóns e unha axuda pública que supera os 700.000 o equipo fórmano o consorcio de empresas Asefor de Narón —líder do proxecto—, Finsa de Santiago, Fortop Topografía de Lugo e Geomático de Vigo, con centros da Universidade de Vigo e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).  Esta mañá fixeron unha demostración técnica na finca de Finsa na aldea da Panda de Adá, As Pontes.



Como se moven os galegos cando van ao traballo

Como se moven os galegos cando van ao traballo

16 set 2026 0

Case o 70% dos galegos volle coche ou moto para ir ao choio, seguido dun 20% que pode ir a pé ou bicicleta mentres que ao transporte público suben o 7,1%. Pero ollo, cada cidade é un mundo, eso é a media: en Santiago vaise más a pé, en Ferrol e Pontevedra (malia tanta peatonalización) en coche e. na Coruña, no bus urbano.  

Preguntando o IGE polos motivos da escolla aparecen falta de servizo ou baixas frecuencias (65%), comodidade do coche ou moto o 62,8% (nada pode competir nese eido) ou pola duración do traxecto e distancia ata a parada próxima. Hai sempre un sesgo subxectivo sobre o que un está disposto a facer ou non, camiñar 15 minutos cara unha parada pode parecer moito para uns e un agradable paseo para outros.



A fabricación en Galicia, prioridade

A fabricación en Galicia, prioridade

15 set 2026 0

Os Acordos de Asociación para os grandes proxectos industriais de seguridade, defensa e aeroespazo funcionan baixo a modalidade de Compra Pública Precomercial (CPP). A diferenza dunha licitación convencional permite á Administración adquirir servizos de I+D para codesenvolver solucións que aínda non existen. 

O obxectivo é asentar un tecido industrial duradeiro, non só atraer tecnoloxía. A adxudicación dos acordos está aberta ata o 30 de setembro e as empresas aspirantes deben acadar unha facturación media anual igual ou superior a 5 millóns.



Debe recibir os mesmos recursos por habitante un concello urbano en crecemento ca outro disperso que perde veciñanza?

Debe recibir os mesmos recursos por habitante un concello urbano en crecemento ca outro disperso que perde veciñanza?

15 set 2026 0

Esta pregunta vertebra o debate sobre a reforma da Lei de Administración Local de Galicia (LALGA), concibida para substituír a lei de 1997 hoxe insuficiente fronte á realidade demográfica e territorial do país.

O cerne sitúase no financiamento e, en concreto, na redefinición do Fondo de Cooperación Local (FCL). O novo anteproxecto busca ligar as partidas directamente á recadación autonómica e priorizar as transferencias incondicionadas, abrindo a discusión sobre canto custa manter servizos públicos en contextos de dispersión xeográfica e os gastos que asumen as cabeceiras de comarca sen respaldo orzamentario suficiente. Tema de calado que será abordado no Pazo de Mariñán este venres.



O colapso da vivenda pública, máis de 30.000 inscritos asfixian o rexistro da Xunta

O colapso da vivenda pública, máis de 30.000 inscritos asfixian o rexistro da Xunta

11 set 2026 0

30.625 galegos están anotados no rexistro de demandantes, listaxe que evidencia que o verdadeiro reto do mercado se atopa no acceso ao arrendamento.

Expertos piden cambios estruturais e maior transparencia. Durante a II Xornada Internacional sobre o Acceso á Vivenda, organizada onte pola USC e o Consello Económico e Social (CES), instaron o a "transparentar" o perfil social e económico das persoas que agardan por un fogar público.



Adeus a un grande referente plástico, Antón Pulido

Adeus a un grande referente plástico, Antón Pulido

11 set 2026 0

O creador nado en Bóveda de Amoeiro en 1944 pechou os ollos en Vigo hoxe 11 de setembro de 2026. Cidade que o chora especialmente, o seu traballo está en muros e medianeiras.

A súa vida non foi ordinaria. Deixou atrás o seminario de Ourense para marchar á Barcelona dos anos 60, onde se graduou en Belas Artes. Alí optou pola cor, o seu selo de indentidade. Pero non só foi un gran creador senón que exerceu como primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en 1993, liderou a Dirección Xeral de Cultura e, nas aulas de secundaria, deu clases de debuxo, un luxo para os alumnos.



Unha iniciativa nada no rural galego identifica no calostro bovino moléculas con potencial terapéutico en cancro

Unha iniciativa nada no rural galego identifica no calostro bovino moléculas con potencial terapéutico en cancro

10 set 2026 0

A investigación xurdiu da iniciativa de Isolina Raña, de Granxa Raña S.C.; Teresa Antelo, de Granxa Devesa Langueirón; e Brígida Hermida, de Xearte Brigitte, quen trasladaron ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) o seu interese por explorar cientificamente as posibles propiedades do calostro bovino.

 



A industria alimentaria mantense e concentra case un de cada catro postos de traballo fabrís

A industria alimentaria mantense e concentra case un de cada catro postos de traballo fabrís

10 set 2026 0

Con todo non é allea a mudanzas. O novo Plan director do sector alimentario 2026-2028 debuxa un escenario de fonda transformación, temos menos empresas alimentarias ca nunca, pero tamén empregan a máis xente ca en ningún outro momento.

Unha mestura de concentración e madurez empresarial -case monopolio-que dálle á gran distribución o poder case indiscutible para fixar prezos, volumes, criterios de envasado e certificacións.



Ourense visibiliza o papel das mulleres no sector da lousa a través da historia de Aquilina Prieto

Ourense visibiliza o papel das mulleres no sector da lousa a través da historia de Aquilina Prieto

09 set 2026 0

A Deputación de Ourense dedica o mes de setembro da iniciativa “8M, mes a mes” ás mulleres que traballan no sector da lousa, unha actividade estreitamente vinculada á economía, ao emprego e á propia identidade de Valdeorras. A protagonista elixida nesta ocasión é Aquilina Prieto Robleda, veciña de Carballeda de Valdeorras e cunha longa traxectoria laboral ligada ao sector.

 



O galego Yago Leira convértese no primeiro español en presidir a Young CED-IADR

O galego Yago Leira convértese no primeiro español en presidir a Young CED-IADR

08 set 2026 0

Trátase da división europea continental da Asociación Internacional para a Investigación Dental dirixida a estudantes e novos investigadores do ámbito da odontoloxía e a saúde oral.