Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Insubstituíbles



POR ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2021 · (0)




As compañías de artes gráficas, o mundo do packaging, o correo postal… Ante a obriga para dixitalizármonos e case deixar de relacionármonos como seres humanos, asoman bos días nestes gremios. O teletraballo e os estudos en liña medran, pero o comercio electrónico tamén. E de aí o novo mencer das embalaxes de cartón, mentres as bolsas de papel non teñen competencia e o marketing postal levanta cabeza.

Posto en cifras:  este mercado específico de embalaxes para o mundo dos envíos de comercio en liña acadou un valor de máis de 42.000 millóns de euros a nivel mundial en 2020. E a demanda seguirá crecendo practicamente un 17% anual nos próximos cinco anos. Porque xurdiron novas posibilidades de negocio. “Os descensos producíronse principalmente na produción editorial. Pero pola contra a elaboración de etiquetaxes, tarxetas e envases incrementouse”, explica Andrés Barreto, COO de Soloimprenta, imprenta online ubicada na rúa Cervantes de Vigo. Fundada en 2012 pechou 2020 superando o millón de euros de facturación, atraendo clientes e pedidos sen parar.

Hoxe, coas compras físicas ou en liña, a xente pide ás marcas coherencia co sustentable, personalización, seguridad. E as marcas elixen moito cartón para envasar, un aliado para cumprir con esta demanda” afirma Leopoldo Santorromán, presidente de Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de Cartón Ondulado, outros grandes empresarios vencellados cun sector no que conviven multinacionais e empresas familiares.

En 2020 as empresas que forman parte da industria de cartón comprobaron que son esenciais na loxística e distribución dunha infinidade de bens de consumo. Que faríamos sen esas estupendas e reciclables caixas? Afco presentaba hai pouco o informe deste ano pasado: cunha produción de 5.552 millóns de m2, reflicte o mantemento da actividade nun ano convulso, que non é pouco. A facturación total tanto directa como indirecta, alcanzou os 5.271 millóns de euros.

Entre os tres primeiros. España é o terceiro produtor de Europa deste cartón, por detrás de Alemaña e Italia pero consolídade como un dos países que maior volume de cartón ondulado produce: temos 71 empresas  e 89 fábricas xerando 23.500 postos.  O principal usuario e cliente deste material no noso país está na industria agrícola, cun 23,3%. Por detrás, os produtos alimenticios, cun 16,4% e o sector das bebidas (15%). Séguenlle o sector do audio, a electrónica e a automoción (8,7%).

Unha das empresas asociadas a AFCO é Cubicaje, empresa de  packaging  situada no Polígono Industrial de Bergondo (A Coruña) especializada no sector téxtil e alimentario con cinco almacéns en Europa e Asia. Caixas, papeis protectores, bolsas, sobres e- commerce, e todo tipo de embalaxe personalizada é o seu gran mercado. A multinacional DS  SmirgPackaging ten tamén plantas en Coruña e Pontevedra; e a gran firma aragonesa Saica, con implantación en varios países e a forza para dar emprego a máis de 9000 persoas, ubicou unha pequena fábrica tamén de embalaxes no concello coruñés de Cerceda.

Ben presentados, por favor. Que sería dunha embalaxe, dunha bolsa, sen un deseño orixinal ou elegante, sen a creatividade dun logo, sen unha elección axeitada de cores?  Dende hai moitas décadas a imaxe corporativa transmite o espírito dunha compañía, tanto nos produtos que perduran como nos que se poden reciclar, é a carta de presentación ao mundo. E a primeira impresión conta moito, nunca mellor dito.  As opcións para imprimir en papel ecolóxico e reciclado, por exemplo, permiten crear elementos corporativos mantendo a imaxe de que hai compromiso ambiental.

A industria gráfica é unha pata insustituible da cadea  do packaging e iniciou ou seu camiño de facelo todo coa menor carga contaminante posible, por exemplo reducindo compostos orgánicos volátis coa impresión sen auga. Esta técnica, utilizada durante a impresión offset tradicional, emprega unha capa de silicona que repele a tinta e evita a liberación de COV. Ademáis reduce o tempo de funcionamento  e achega mellor definición de imaxe cunha gama de cores máis ampla.  Tamén hai alternativas ás tintas a base de petróleo ou plástico. A tinta con base de soia ou vexetais logra o mesmo efecto que as tradicionais, pero sen o impacto contaminante.  

Cada vez son máis as empresas as que as escollen porque cunha impresión automatizada e estandarizada pódense controlar os materiais, a calidade da cor e o consumo de tinta. Redúcense excesos de emisións e residuos. Como explica Andrés Barreto,  o emprendedor colombiano COO dea galega Soloimprenta,  “sabemos que o camiño é complicado e require moito investimento de capital. Pero gradualmente todos estes procesos serán máis accesibles”. 

(Extracto da reportaxe publicada no número 360 – maio 2021)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)