Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os 14 elixidos



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 05 DE XULLO DE 2021 · (0)




Estes traballos son 14 exemplos da mellor arquitectura que se está a facer en Galicia. Foron seleccionados como finalistas pola XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo entre 70 de toda España. De feito, dese total un 20 % das obras están feitas por arquitectas e arquitectos galegos e promotoras do país “comprometidos co seu traballo e a terra”, en palabras de Elena Ampudia, decana do Colexio de Arquitectos. Madeira e pedra priman sobre calquera outro material no delicado equilibrio no que a arquitectura se move nas últimas décadas: respecto pola contorna tentando o maior aproveitamento da luz e o menor consumo de enerxía, mentres mantéñense referentes estéticos e construtores do espazo que habitan.

De entre os 100 proxectos seleccionados e 70 finalistas da convocatoria “Panorama de Obras” da XV edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, estes son os galegos que chegaron á final, aínda que hai máis, porque suman preto das 600 as propostas presentadas. Cómpre esperar para saber que obras son as máis relevantes dos últimos tres anos (2018-2020), unha selección de 20 proxectos que se darán a coñecer nesta BEAU que se inaugura en xuño co lema “España vacía, España llena. Estrategias de conciliación”. Do 28 de xuño ao 16 de setembro no Pavillón de Barcelona e do 2 de xullo ao 23 de setembro no Museo Patio Herreriano de Valladolid. Pero se non podemos ou non queremos achegarnos a unha das dúas sedes físicas teremos un terceiro espazo virtual (http://labienal.es).

Ademais desta escolma, o 6 de maio tres proxectos recollían o adiado Premio de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia: un deles a unha vivenda que foi pasto das chamas en Carballeda de Avia, asinado polo estudo de arquitectura MOL, outro á rehabilitación dunha vivenda no número 4 da praza de Pescadores, en Vigo, de Alfonso Penela; e o terceiro pola remodelación con orientación enoturística dunha adega de Viña Costeira, en Cenlle, de Juan Antonio Caridade e Isidro López. Tamén houbo un recoñecemento para as cabanas turísticas de Albeida (escollidas pola Bienal española); a Casa da Anguía, en Castelo de Miño, a escola infantil en Vilaxoán e a rehabilitación da de Santa Susana na Alameda de Santiago. Pero coñezamos agora os 14 traballos escollidos pola XV edición da BEAU que, como explican dende a organización, quere ser “un lugar de encontro que transcenda o estrito ámbito da arquitectura e o urbanismo para reivindicar o valor social e o papel mediador do arquitecto. Será un tema presente no debate que vertebra esta edición: España baleira, España chea”. De feito, a maioría destes traballos insírense na contorna rural ou semi-rural que conforma a nosa idiosincrasia. Están ordenados co único criterio do custo por metro cadrado, do maior ao menor.

Modificación puntual do Casco Vello de Vigo.  

Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Muros.  

O Berbés UVigo. 

 Escola Infantil A Baiuca.  

Cooperativa de vivendas Trece Rosas Residencial 

Complexo turístico de Albeida.  

Campo de fútbol de A Gandareira

Casa O Fieiro. 

Tribuna Pública. 

O banco do Piñeiro.  

Lavadoiro de Artes. 

(Extracto da reportaxe publicada no número 361 – xuño 2021)




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)