Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Medias verdades, medias mentiras



CANDELA IBOR · PUBLICADO O 21 DE MARZO DE 2022 · (0)




O proxecto DEBATrue está basicamente coordinado e protagonizado por investigadores galegos das universidades de Vigo, Compostela e Coruña. En 2023 deberían ter feita unha aplicación dixital que verifique se o que din os políticos nun debate electoral é certo ou non antes de que se viralicen vía redes afirmacións falsas ou inexactas.

"Desde a parte informática o que máis me gusta é que temos como obxectivo principal que a validación da información, fact-checking, sexa explicada ás persoas que vaian usar a plataforma. É dicir, non só axudar á xente a saber se unha afirmación ou dato ten base e se pode contrastar, senón que se saiba como, de que xeito, o sistema chega a esa conclusión” di a investigadora da UDC, profesora da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial na Facultade de Informática, Laura Castro Souto. En canto estea operativa poderá achegar á xente unha nova ferramenta software na que non imos ter que confiar senón que vai ser transparente en todo o que fai.


Como funcionará?

Baseado na tecnoloxía blockchain será un sistema de verificación descentralizado con datos de acceso aberto. A idea da app é que automatice o proceso de detección de informacións falsas e, máis en concreto, que permita verificar se o que din os políticos participantes nun debate electoral son afirmacións e datos certos ou non.

Para identificar posibles falsidades ou terxiversacións nos debates, como as que habitualmente poden xurdir nas redes sociais, o proxecto aplicará técnicas de aprendizaxe automático ou machine learning aos procesos de verificación de datos, e creará un bot de análise conversacional e medición da actividade e impacto en Twitter dos debates televisivos. Basicamente buscarase “automatizar ou semiautomatizar este proceso de verificación de datos”, explica un dos investigadores do grupo CP2 da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Rúas, que matiza que implicará tanto o traballo con “datos de grao 1”, os que poden comprobarse en bases de datos de acceso público, como con informacións “de grao 2”, que obrigan “á súa comprobación de forma manual”. Así non só se coñecerán que informacións son verdadeiras, falsas, incertas ou inexactas, senón acceder á fonte orixinal ou proba de veracidade. Tamén está previsto facer un índice internacional de calidad que parte da revisión e ampliación dunha relación de 50 indicadores de valor que no seu día deseñárase no proxecto DEBATv: Debates Electorais Televisados en España, I+D+i tamén realizado por  investigadores e docentes das universidades galegas, nomeadamente a de Vigo.

José Rúas Araújo e Ana Belén xa presentaron traballos e conclusión neste eido dende 2018 e durante dous anos. Estes investigadores básicamente analizaron os texto, (cía transcrición), a posta en escena, os minutos de ouro e máxima audiencia por bloques temáticos. Despois revisaron as webs  da televisión e as redes sociais. Todo este know-how será aproveitado e actualizado para este novo proxecto que, se sae como debería, debería traducirse na posibilidade de crear unha spin off a raíz do desenvolvemento desta aplicación, o que contribuiría a que a ferramenta poida aplicarse, nunha segunda fase, ao debate político xeral e o asesoramento dos axentes implicados neste espectáculo.

O mellor de cada casa

Vinte investigadores e investigadoras de seis universidades en total traballarán nela. Cada un achegando o que mellor sabe facer: aplicacións informáticas, minería de datos, redes sociais, modelos de confianza e reputación, ciberseguridade e expertos nas chamadas conspiracións.

Coordinado polos investigadores da Facultade de Ciencias da Comunicación, o citado Xosé Rúas xunto con Ana Belén Fernández Souto, tamén están os docentes da UDC Laura Milagros Castro, David Cabrero, Natalia Quintas, José Ángel Holgado e José Manuel Lage, da Universidade da Coruña, desta mesma universidade o investigador Paulo Carlos López, da USC; Alejandro Romero, da; así como os investigadores da UVigo Manuel Pérez Cota, Montse Vázquez, Iván Puentes, Yolanda Blanco, Andrés Mazaira, Mónica Valderrama, Talía Rodríguez e Julia Fontenla. A eles se suman porfesionais das universidades de Málaga, Sevilla e Granada xunto co coronel Ángel Gómez, experto en análise xeopolítica.

(Extracto da reportaxe publicada no número 369 – febreiro 2022)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)