Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Este ano é probable que sexa un dos mellores da historia”



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 06 DE XUñO DE 2022 · (0)




Cos pelos de punta polo “decretazo” de Rexistro en Aloxamentos que aprobou o Ministerio de Turismo, falamos con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia. Un padronés que tras estudar empresariais na USC fíxose empresario hostaleiro e axudou a fundar esta agrupación en 2013. Que reúne a máis de 7000 empresas, practicamente o 95 % das que hai en Galicia operando neste ámbito. Preséntase para elas un 2022 doce pero moitas fican á expectativa dunha revisión do decreto ministerial de Reyes Maroto, que obriga aos aloxamentos a exercer funcións case fiscalizadoras.

Que pasa co Decreto de Rexistro en Aloxamentos? Vaise revisar?

O único que sabemos é que a Confederación Española de Hoteise Aloxamentos Turísticos (CEHAT) vai ter esta semana unhareunión co ministerio. Esperemos que impere a cordura e non nos faga ser máis policías do que somos.

As esixencias son sorprendentes…

Isto xa pasou en Venezuela.

Pero non houbo ningún tipo de negociación previa?

Ningunha, non houbo nada, absolutamente nada. Decretazo. Non negociaron con ningún sector, ningunha asociación. E isto é entrometerse na vida persoal de cada un, eu creo que ninen tempos de Franco vivíase isto e non os vivín, pero polo quecontan. Pasamos das 7 preguntas que se facían na recepcióndun hotel -que xa eran bastantes e ademais tiñas que deixao DNI- a 31! E ademais tes que corroborar que os datos queestán a pasar son veraces. É máis: a día de hoxe pode entrar a Garda Civil ao teu establecemento e sancionarte se non o estás facendo, porque xa entrou en vigor o 27 de abril.

É algo surrealista.

Pois si, estamos agora á espera do que pasa esta primeira semanade maio porque hai xente que xa o está cumprindo cun enfadodos clientes considerable. Imaxina que chega un autobús de 55 persoas á recepción do hotel e teslles quepedir os 31 datos…. E se son españois aínda menos mal, pero se cadra sonchineses, ou franceses. Pois isto é ao que nos ten habituados este Ministerio de Turismo de España.

Vaiamos ao bo, contentos co balance Semana Santa, non? Se é o termómetro do verán, espéranos un bo verán.

Efectivamente. Viñamos da situación queviñamos e ademais a guerra afectounos porque se paralizaron reservas, pero é certo que as expectativas se cumpriron con fartura e foron maiores das previsiónsque tiñamos. Co cal se demostra unha vez máis que estamos no camiño, o que xa pasou na pandemia con Galicia como destino seguro. Afiánzannos eses máis de 4.200.000 visitantes que tivemos nos últimos meses do ano pasado e esasmáis de 180.000 Compostelas. E este ano, co pistoletazo de saída, quedou moibo sabor de boca, é probable que sexa un dos mellores da historia falando de datos turísticos.

De feito estanse pasando as cifras prepandemia xa que as máis de 9.700 Compostelas da primeira metade de abril son sete veces máis que as de 2021. Houno un cambio no control non?

Si, era algo que viñamos demandando á administración porque constatamos que o control do Camiño por Compostelas non ten que ver coa realidade. Esa cifra debería multiplicarse por dúas ou por tres, así que co novo sistema imos sabelo exactamente. Hai quen fai un tramo, repite o Camiño e xa non sela, ou o fai por deporte, ou xa ten as Compostelas e faino por recollemento persoal, gústalle e volta... As Compostelas están moi ben, non ten nada que ver unha cousa coa outra, pero é un dato insuficiente porque hai máis peregrinos. E grazas a isto saberemos nacionalidades ou o número que pasa por un determinado sitio coas IPS dos teléfonos.

Como foron as solicitudesdo Bono Turístico #QuedamosEnGalicia22?

Pois esgotáronse en 12 horas, están a entregarse xa as primeiras tarxetas e a mediados de maio a xente empezará a gastalas nos nosos establecementos. Lembrando que desde o 1 de xullo ao 15 de setembro non se poden usar, co cal nos vai a axudar moitísimo a desestacionalizar. Os máis de 1000 establecementos adheridos están moi contentos porque se comprobou o ano pasado que moitos que pechaban a partir de outubro mantivéronse abertos grazas aos ingresos deste bono. E lembremos que unha persoa cando pernoita en aloxamento sempre fai gasto a maiores: sae a cear, a comer, a visitar unha adega, a facer un roteiro…. Co cal ese gasto inicial multiplícase. […]

(Extracto da entrevista publicada no número 372 – maio 2022)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)