A vivenda, un imposible
Querer independizarse e caer na conta da utopía que iso supón.
Pese ás melloras no eido laboral, cunha notable redución da temporalidade, solicitar unha hipoteca comporta multitude de trabas. Conseguila, en moitos casos, remata por converterse en algo inviable. As cifras falan claro: catro de cada dez menores de 35 anos residen aínda no niño. E non é porque así o desexen.

Estabilidade, por fin.
A entrada en vigor da reforma laboral trouxo consigo unha certa estabilidade para a xente nova, unha circunstancia que, hai un ano, semellaba inacadable no futuro inmediato.
A un contexto de precariedade onde sete de cada dez persoas cunha curta ou todavía inexistente experiencia laboral encadeaban contratacións temporais, deu en contrapoñerse unha incipiente materialidade na que un de cada tres acordos subscritos entre menores de 25 anos e empresas é xa indefinido.
A máis alta da UE.
Un raio de esperanza que, sen dúbida, supuxo un importante pulo para asalariados cuxa bagaxe profesional se atopaba constantemente adscrita á cobertura de postos cuxa duración se extendía unicamente por días ou meses, especialmente en sectores como o comercio, a hostalaría ou a actividade turística.
Quenes, iso si, lograban ser elixidos para o seu desempeño, xa que a taxa de desemprego a nivel estatal acadaba, doce meses atrás, o 28 %, a segunda porcentaxe máis alta da Unión Europea (UE).
Sen repercusións negativas.
Paradoxicamente, a obriga de converter en indefinidos a preto de dous millóns de integrantes dos seus cadros de persoal, segundo datos de Randstad, non afectou á viabilidade das compañías, senón ao revés: a economía continuou a súa medra allea ao cambio ao longo do primeiro semestre do 2022.
Oitava por riba.
En Galicia, as implicacións da reforma laboral traducíronse na contratación de 67.589 mozos e mozas, un 22 % máis que no mesmo período do 2021. Unha demostración da potencialidade dun territorio que se erixe como a oitava comunidade con maiores oportunidades profesionais, situándose soamente por detrás de rexións como a Comunidade Valenciana, o País Vasco, Baleares, Canarias, Asturias, Madrid e Cataluña.
(Extracto da noticia publicada no número 376 – setembro 2022)
Comentarios (0)