Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aumenta o consumo de té ‘listo para beber’ en Galicia



REDACCION · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2025 · (0)




Desde o 1 de xaneiro Coca-Cola comercializa o seu Té RTD unicamente coa súa marca Fuze tea, que comezou a introducir hai uns meses en España cunha campaña que insistía no lema “o sabor de sempre”. Porque súa é a fórmula do té que marcou o consumo desta bebida nos últimos anos e que agora suma ao sabor orixinal novas propostas que están convencendo, á vista dos últimos resultados coñecidos. 

Segundo a compañía de medición e análise de datos Nielsen, nas oito primeiras semanas do ano, a categoría creceu un 10,3 % en valor e 10,1 % en volume en España. Se trasladamos eses datos a Galicia, o crecemento é mesmo superior: un 17,8 % máis en valor e un 16,1 % en volume, en comparación co mesmo período de 2024.

“Estes datos supoñen unha oportunidade para desestacionalizar o consumo do Té RTD, máis aló do verán, ofrecendo variedades e formatos que axuden a desenvolver as ocasións de consumo clave”, explica Javier Murga, Associate Director Category Management Fuze Tea en Coca-Cola Europacific Partners. “Neste sentido, a chegada a España de Fuze Tea como marca exclusiva de Té RTD de Coca-Cola, está a contribuír a ampliar a oferta e, deste xeito, axudar a que a categoría poida expandirse no noso país a través dunha maior competencia”, asegura o directivo.

A Coca-Cola “galega”

A planta de Coca-Cola na Coruña vén de sumar dúas liñas de produción de Fuze Tea, que se suman ás clásicas de Coca-Cola, Fanta, Nordic etc. Pero, sen dúbida, no último ano, o gran protagonista foi Fuze Tea, que creceu de forma exponencial e converteuse nun dos refrescos clave da empresa.

Isto, e as posibilidades de crecemento previstas, converten o novo produto nunha oportunidade que a empresa non quere desaproveitar. Porque a penetración e consumo per cápita en España do Té RTD é moito menor que noutros países (5,11 litros por persoa e ano fronte aos 18,2 litros de Bélxica ou os 10,22 de Italia) e presenta un 45 % menos de lanzamentos que outras categorías NARDT (siglas en inglés para referirse ás bebidas non alcohólicas listas para beber).

“Estamos satisfeitos coa aceptación que está a ter Fuze Tea en España no que levamos de ano, tanto por parte dos nosos consumidores como dos clientes. Temos o convencemento de que, ao ampliar a oferta dispoñible, conseguiremos impulsar aínda máis o crecemento da categoría”, asegura Murga.

Sabores novos

En 2023 chegou ao mercado español Fuze Tea Fusion e en setembro de 2024 Fuze Tea Sabor Orixinal, “co sabor e o envase de sempre, os que o consumidor xa coñece desde hai máis de 30 anos”, indican desde a compañía. A xefa de Mantemento e Infraestruturas da planta da Coruña, Marta Alonso, destaca que “Fuze Tea é o sabor de sempre, no que pensamos cando falamos de Té RTD. Aínda que se trata dunha marca global, Fuze Tea fabrícase en España cunha fórmula desenvolvida polo equipo de I+D en Bruxelas”.

Actualmente, Fuze Tea Sabor Orixinal preséntase nos sabores limón (baixo en calorías e sen azucre), té verde maracuxá (o de maior crecemento na categoría), mango-piña e pexego. Os dous últimos eran específicos de Canarias “onde gustan de sabores máis tropicais, aínda que o de mango e piña chegará á península nos próximos días”, explica Javier Murga. Ademais, Fuze Tea Fusion conta coa variedade pexego hibisco.

Formatos para tódalas ocasións

Os formatos nos que se ofrecen as distintas variedades son vidro retornable e lata (os dous saen da planta da Coruña), PET e BIB, o que converte Fuze Tea nunha bebida moi versátil para calquera ocasión e perfil de consumidor.

“A categoría de Té RTD ten unha gran capacidade de desenvolvemento en España e a nosa ambición é duplicar o seu valor para 2030 a través de dúas pancas: o desenvolvemento de ocasións clave de consumo, como son as comidas (dentro e fóra do fogar), o snacking ou momentos de relax e a innovación, a través de novos sabores, variedades e envases”, explica Murga.

Opcións máis saudables para “apaixonados da vida”

Durante a visita á planta coruñesa de Coca-Cola, o responsable de xestión de Fuze Tea explica a ECO que as novas tendencias de consumo están enfocadas ao “benestar e a naturalidade”. As cifras sinalan que o 82 % dos consumidores actuais busca opcións saudables neste tipo de bebidas. De aí a aposta de Fuze Tea pola variedade de sabores, baixos en calorías ou sen azucre.

Respecto ao perfil das persoas consumidoras, “Fuze Tea está enfocado á mocidade-adulta (entre 18 e 34 anos) que aspira a vivir a vida ao máximo, tanto de maneira individual como social, viaxando, explorando etc. e buscando a naturalidade. A este público obxectivo nós denominámolo ‘Apaixonados da vida' e por iso, desde Fuze Tea, queremos ofrecer eses momentos de liberación e de pausa para refrescar as súas vidas, aumentando a incidencia de consumo”, sinala Murga.

Estratexia comercial

Para contribuír ao crecemento da categoría, Coca-Cola deseñou unha estratexia comercial dirixida a que consumidores e clientes poidan atopar Fuze Tea nas principais canles de venda: alimentación moderna, Horeca, hostalería organizada, conveniencia, en liña etc.

Para as canles de Horeca e conveniencia, cunha gran capilaridade no conxunto do territorio español, máis de 360 equipos comerciais puxéronse en marcha en todas as comunidades para chegar, con activacións especiais, a más de 19.600 clientes nos primeiros meses do ano. En concreto, na área norte, na que se atopa Galicia, 48 equipos implementaron estas activacións en algo máis de 2.800 clientes.

Grazas a este labor, asegura Murga, “logramos que a maioría dos nosos clientes de hostalería e de conveniencia decidisen contar con Fuze Tea entre a súa oferta de bebidas”. Igualmente, tanto en restauración organizada como en alimentación moderna, Fuze Tea está presente nas principais cadeas do estado. Como parte desta estratexia comercial en hostalería, Fuze Tea ofrecerá 30.000 kits de activación á clientela e ao redor de 8.000 antucas para vestir as súas terrazas.

(Extracto da reportaxe do número 408 – maio 2025)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)