Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Asorey, o realismo desbastado



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 19 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)




Case adorado polo seu gran amigo Ramón Cabanillas, natural coma el de Cambados, nado ás portas da primavera de 1889 e falecido na Compostela de 1961, Francisco Asorey viviu case sempre na capital galega excepto tempadas da mocidade en Baracaldo e Madrid. 

A capital galega homenaxea como debe o seu traballo na terceira planta do Gaiás, onde ver de preto esas icónicas pezas de mulleres que equilibran unha mestura de afouteza, cansazo e dozura que as fai únicas. Esculturas en madeira con elegante policromía como “O tesouro” (1924), segundo premio na Exposición Nacional de 1924 e cuxa imaxe recolle a foto de apertura onde vemos ao escultor no seu obradoiro; ou a “Santa de Asorey”, que pertenceu á Casa de Galicia de Montevideo.

Hai tempo, ata abril, para gozar desta mostra “Francisco Asorey, unha recuperación necesaria”, comisariada por Miguel Fernández-Cid, actual director do museo MARCO de Vigo coa colaboración da neta do artista, Carmen Asorey. Son pezas que chegaron de institucións de toda España, xunto a escaiolas, debuxos, audiovisuais, documentos e ferramentas de traballo… ata coñecemos  o seu estudo en Santiago grazas a fotografías tomadas por Ksado.

Xunta e Museo Provincial de Lugo veñen de dixitalizar ademais dúas das esculturas máis destacadas que se exhiben: Ofrenda a San Ramón e San Francisco, poden verse cunha detalle excepcional na web de Sketchfab, modelos 3D feitos por técnicos do Centro Infográfico Avanzado de Galicia.

A pé de rúa

En 2024 xa estivo homenaxeado pola Real Academia de Belas Artes ao cumprirse 135 anos do seu nacemento. Houbo moitas citas pero das máis simbólicas foi a do Panteón de Galegos Ilustres onde está enterrado.“Era humilde e non quería notoriedade, algo que hoxe se bota bastante en falta” dixo a súa neta, presente no acto organizado polo Concello de Santiago e a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), onde estiveron o presidente de Academia, Manuel Quintana, a alcaldesa da capital, Goretti Sanmartín e o secretario xeral da Lingua, Valentín García.

A exposición da Cidade da Cultura paga moito a pena visitala pero Asorey deixou moita obra monumental en prazas, rúas e institucións de Galicia, algunhas recollidas e outras non tanto. Aquí vai unha modesta selección de pezas para, ao tempo, sacar do ostracismo a algunhas destas persoas esculpidas polo artista. Porque o foron por algo.

1924. José Félix Soage Villarino. CANGAS 

O protagonista nace 1844 e morre nos Bos Aires en 1924 tras emigrar con catorce anos xunto coa familia. Traballa e prospera no mundo do campo e a gandería. Envía diñeiro á súa vila natal e con eses cartos construíuse un mercado, pavimentouse, houbo palco da música da Alameda, a reconstrución da bóveda central de la Igrexa (que era de madeira). Cando morreu, Cangas quixo que na Alameda Vella ficase o seu recordo e non escatimou ao escoller a un mozo, pero xa recoñecido escultor para facelo.

1926.  Ricardo Mella. VIGO.   

Libertario ou anarquista, como se prefira, chegou a ser director xerente da compañía de tranvías de Vigo. Tamén, grazas ás traducións que fixo de Bakunin, Malatesta ou Kropotkin, as ideas destes pensadores déronse a coñecer nos círculos obreiristas (…) As achegas de Mella ao campo teórico do anarquismo son innumerables. Desde a defensa do colectivismo ata a crítica á idea da lei de maiorías como sinónimo de bo goberno. Pero sempre atacando a estratexia da violencia, tradicionalmente adherida ao movemento anarquista. Foi enterrado multitudinariamente en 1925.

 1926. José García Barbón. VIGO.

Ser era de Verín (Verín, 1831 - Vigo, 1909) pero emigra moi novo a Cuba onde o seu éxito nos negocios fai que funde o seu propio banco con 25 anos. Gran amigo Policarpo xuntos fundan a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia e o Centro Galego da Habana (hoxe Gran Teatro). Liquida os negocios en Cuba e reúne unha inmensa fortuna para retornar a casa. A lista do feito é enorme, entre outras cousas, o hotel balneario Cabreiroá. Tras dez anos instálase definitivamente en Vigo coa súa irmá e as súas sobriñas, alí levantará impresionantes edificios que regala á cidade, como os locais da Escola de Artes e Oficios. Fai uns anos, o conxunto escultórico foi trasladado á rotonda de Isaac Peral, onde se atopa na actualidade.

1928. Eduardo Cabello. VIGO.

Os seus pais posuían fábricas de azucre en Cuba. Naceu en Filadelfia para logo estudar na Habana. En Madrid graduouse como enxeñeiro de camiños, canles e portos, traballou na xefatura de Obras públicas e civís de Porto Rico e nas obras públicas de Cuba. De volta a España, en 1908 dirixe a Xunta de obras do Porto de Vigo, ocupando o cargo de enxeñeiro director do porto ata a súa xubilación en 1932. O seu traballo no porto supuxo unha reforma e renovación radical. Antes do seu proxecto, o porto no Berbés e no Areal non tiña peiraos nin instalacións para a poxa do peixe, e dependía aínda en gran medida das mareas.

1932. Virxe de Guadalupe. RIANXO.

Colocouse alí por encargo de Ángel Baltar en homenaxe ao pobo de Rianxo. Baltar Cortés, natural de Padrón, fixo posible que a luz e o teléfono chegasen ao pobo mariñeiro.

 Corría o ano 2005 cando os derrubes no litoral de levaron á familia Baltar, propietaria da leira na que se emprazaba, a retirala do pedestal. O pasado mes de setembro o goberno local e a familia rubricaban o acordo para a cesión da virxe, que pasa a ser propiedade dos rianxeiros. O pedestal que durante décadas ocupou a Guadalupe de Asorey non está nas condicións adecuadas e que haberá que poñerse ao choio para acondicionar.

1933. Joaquín Loriga. LALIN.

Nado nunha familia vencellada ao Pazo de Liñares, no 1912 ingresaba no exército. En 1920 realizaba o curso de habilitación para piloto e acabaría converténdose nun dos pilotos máis competentes e valentes de todos os tempos da aviación militar española. En 1922 é destinado a Marrocos, onde participa na Guerra do Rif, cunha actuación tan destacada que sería posto ao mando da Terceira Escuadrilla. En decembro de 1925 participou na Expedición Madrid-Manila. Pero un fatídico 18 de xullo de 1927, o aviador francés Magnard, ofreceulle a súa avioneta e morreu nela, dun fatal accidente, facendo o que máis quería. Lalín decidiu erixir un monumento na súa memoria. 

1942. Manuel Barreiro Cabanelas. PONTEVEDRA.

Temos aquí a outro emigrante que prosperou na emigración (Brasil. A súa primeira viaxe de regreso a Galicia non sería ata 1899, con 32 anos. Vai e vén en sucesivas ocasións, e as importantes doazóns que fixo ao Hospital Provincial de Pontevedra permitiron ampliar os seus servizos en varias ocasións. De aí que a Deputación impulsase, a comezos dos anos 40 do século pasado, a construción dunha estatua que cambiou de localización polo menos nun par de ocasións, pero sen afastarse nunca da fachada do hospital.

O prazo de execución da obra fixouse en oito meses e o seu custo en 10.000 pesetas. Díxose que a figura principal simbolizaría a filantropía, con todo outros estiman que se trata dunha imaxe de San Sebastián, patrón de Pontevedra e tamén de Covelo, vila natal do homenaxeado que coa Guerra Civil a piques de estalar, en 1936 regresa definitivamente ao Río de Xaneiro, onde para entón "xa se dicía que era dono de media cidade".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)