35 anos fronte ao espello
En 1991 tiñamos en Galicia máis de 16.000 persoas de orixe estranxeira. Multiplicamos moito esa cifra porque hoxe hai 182.000. A sangría poboacional freou, polo menos somos case os mesmos que hai 35 anos, cando saíu o primeiro número de ECO. O que non mudou foi proceso de aliñamento nas costas e cidades e en provincias como Lugo e Ourense, que seguiron perdendo veciño. Só as capitais fan a excepción.
Ducias de competencias transferidas, choiva de cartos de Europa e crecemento da capacidade exportadora armaron nestes anos unha terra con boa calidade de vida aínda que con matices. Non estamos en ningún vagón de cola con respecto ao resto de España pero hai moitas Galicias: a perdida, a idealizada, a real e a potencial e, segundo onde decidamos poñer o foco gustaranos máis ou menos o que vemos.
(ESPECIAL 35 ANIVERSARIO - ECO 419 abril 2026)
Comentarios (0)