Tecnoloxía galega, na Global Robot Expo
Cinfo, compañía coruñesa especializada en sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube, presenta hoxe na feira internacional sobre robótica que se celebra en Madrid o seu sistema multicámara embarcado para equipos de salvamento en misión de rescat O head of intelligent video de Cinfo, Omar Álvarez –no centro da imaxe–, participará como relator para explicar como funciona o software de ortorrectificación do seu sistema multicámara embarcado, que mellora a calidade das imaxes e as converte nun plano cartográfico capaz de reproducir fielmente o terreo, independentemente da orografía. Para iso, integra unha ferramenta de ortorrectificación que utiliza os parámetros de situación e orientación da aeronave e os da cámara para proxectar unha imaxe sobre unha representación 3D do terreo ortorrectificada. O sistema multicámara embarcado de Cinfo permite a adquisición, procesado, grabación e transmisión de vídeo dende aeronaves –drons e helicópteros– en pleno voo, posibilitando así en todo momento coñecer que está sucedendo durante unha misión de rescate. Os voos grabados pódense visionar ademais, tanto en formato multicámara ou a pantalla completa, con metadatos sobreimpresionados. O software dispón tamén dun motor de busca, que permite aos usuarios atopar calquera información necesaria sobre calquera voo.
A solución de Cinfo está sendo utilizada actualmente na Civil UAVs Iniciative, impulsada pola Xunta para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs) no ámbito civil e na mellora da prestación de servizos públicos, e cuxo obxectivo é converter a Galicia nun polo aeronáutico de referencia en Europa.
Durante os dous días que dura o GREX19, Cinfo ocupará un espazo permanente no stand J9, dende o que dará a coñecer tamén as súas innovacións tecnolóxicas de IoT e Big Data para a industria en materia de seguridade, a través de sistemas intelixentes de videovixilancia (mapas de calor e conteo de persoas, recoñecemento de matrículas…), control de accesos e datos ou análise preditivo, así como de realización automática de vídeo na nube.
Comentar noticia
Comentarios (0)