Mprende 21, unha oportunidade para as galegas emprendedoras
Abre a terceira edición dun programa gratuíto que impulsa o emprendemento feminino organizado pola a Federación Española de Mujeres Directivas e Empresarias: ofrece titorías personalizadas, talleres virtuais e axudas no acceso a canles de financiamento. Para poder beneficiarse só cómpre presentar o proxecto.
Despois un equipo encargarase de seleccionar as ideas máis innovadoras, as que recibirán asesoramento ata completar o proceso. Financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar social, en edicións anteriores participaron 700 mulleres (40% desempregadas), entre 20 e 45 anos de toda España. Tamén poden optar emprendedoras con empresas xa en marcha que desexen ampliar o negocio dentro ou fóra de España.
 10.27.29.png)
A comunicación entre emprendedoras e equipo de formadores e titores de Mprende+21 será cunha canle de seguimento a través dunha plataforma web que deseña e desenvolve un modelo para cada proxecto. A plataforma conta cun apartado de captación de ideas, laboratorio, talleres virtuais, acceso a fórmulas de financiamento e titorías individuais. Unha comisión de consultore realiza o seguimento dos proxectos seleccionados.
Segundo Ana Bujaldón, presidenta de FEDEPE, “as mulleres somos xa o 45% da poboación emprendedora do país. Para que esta aventura tan apaixonante como complexa chegue a bo porto poñemos en marcha Mprende+21, que ten entre entre os seus obxectivos prioritarios acompañar tamén nun proceso de transformación dixital indispensable”.
Comentarios (0)