Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A produción industrial e o comercio poderíanse ver afectados se se estende o coronavirus



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



O último Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas tamén afirma que prevé un crecemento do PIB español do 1,6% en 2020. E anota que “empézase a resentir a venda de vivendas, aínda que a principal ameaza é un menor crecemento do emprego, vai seguir producíndose ao longo do ano”.


A desaceleración da economía prevista para o primeiro semestre do 2020 e a política monetaria do BCE de tipos de interese cero non axudarán a que o IPC supere significativamente o 1%. “Mantemos a nosa previsión de que o IBEX peche ao redor dos 10.500 puntos en 2020".

"Xa en decembro pronunciabámonos por un crecemento da nosa economía do 2% no mellor dos supostos posibles, que se produciu cun crecemento no último trimestre do 0,5%”, afriman os economistas. Este crecemento é vigoroso e superior ás economías da nosa contorna, o que supón un factor de tracción positiva ante as incógnitas do novo ano, das que destacan:

A nivel externo, realidade do Brexit, a pandemia en China e a incógnita de eleccións en EEUU, “aínda que os anos de eleccións adóitanse converter en anos nos que se produce certo impulso en bolsas e mercados.”

A nivel interior, séguese mantendo boa tónica no sector servizos e incertezas sobre o sector industrial. Empézase a resentir a venda de vivendas, aínda que a principal ameaza é un menor crecemento do emprego. Son craves a aprobación dos Orzamentos, o control do déficit, que pechou probablemente no 2,5% e cuxa reversión parece complicada a non contención do crecemento da débeda e o problema pendente das pensións, outro hándicap.

A taxa de variación anual da inflación estivo motivada polo descenso dos produtos enerxéticos e para o exercicio 2020 e 2021 espérase un escenario parecido “salvo que se presenten novas incertezas”. O incremento moderado da inflación subxacente podería facer que o BCE, con Christine  Lagarde, trate de poñer en marcha unha revisión da taxa lonxe da política de anos anteriores de achegarse ao 2%.

No que respecta á previsión do paro neste 2020, coherentes coa previsión dun menor crecemento do PIB, o Observatorio do Consello Xeral de Economistas de España di que "podería situarse en torno ao 13,15% -13,25% e en torno ao 12% en 2021”. O emprego do sector público crecerá a un ritmo superior ao sector privado e continuará a gran dispersión rexional con Comunidades con taxas inferiores ao 10% de paro e outras con altas taxas.

A Bolsa española

“Para 2020 mantemos a nosa previsión de que o IBEX peche ao redor dos 10.500 puntos xa que, aínda que se reduciron notablemente as dúas incertezas básicas de 2019 aínda existe un longo camiño. A contorna exterior segue con incertezas. Aínda que a recente tregua comercial entre China e EEUU favorecerá a expansión internacional, haberá que analizar o impacto da previsible pandemia provocada polo coronavirus”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)