Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os gañadores do confinamento



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE MAIO DE 2020 · (0)



“Vimos un cambio substancial, triplicando as cifras habituais. Antes tiñamos moitos clientes que xa mercaban online pero agora chámanos moita xente que era a súa primeira vez, que tiñan dúbidas sobre transporte e produto”, dí Pablo Mourelos, responsable de Mariscos O Grove, empresa que medrou máis ca nunca nestas semanas.


O pai e a nai de Pablo iniciaron o negocio hai anos servindo a restaurantes e hoteis en toda Galicia, e aos poucos fóronse estendendo por toda España. Pero foron Pablo e o seu irmán Santiago os que tiveron a visión de que vender marisco por Internet ía ser o camiño. “Non todo o mundo víao tan claro fai sete anos”.

En moitos sectores, o ecommerce converteuse na única forma para adquirir certos produtos. Pero a realidade non se transferiu o consumo físico ao online, senón que os patróns de consumo cambiaron. Este cambio tamén variou desde o inicio do confinamento. Ao principio foi o boom dos equipamentos deportivos, do mobiliario para montar a oficina en casa, de produtos de limpeza e primeira necesidade, dos xoguetes. Logo foise producindo un cambio semana a semana. Empezou a crecer a decoración e agora volve a venda de roupa e moda co inicio das saídas de casa. Pero hai unha tendencia común: o fogar consolídase como o centro das nosas vidas, o noso refuxio,  gaña importancia na nosa vida profesional e persoal. Por iso todo o que sexa comida a domicilio, preparada ou non, está en crecemento porque non é un sustitutivo da compra doutros produtos de alimentación. É un sustitutivo do lecer, de ir ao teatro, a cear, a un concerto… Calquera cousa que puidese ser unha celebración ou unha simple cita fica na casa.

En 2013 crearon esta xanela na rede, www.mariscosgrove.com, para facelo chegar en 48 horas garantindo a máxima frescura dende unha zona inmellorable co cultivo do marisco. E malia que a empresa foi ben o confinamento colocouna agora nunha posición inmellorable, son das primeiras tendas de marisco. “Foi moito esforzo durante estes anos, pero orgullosos de que en toda España póidase degustar o produto local de pesca sostible levando un anaco do Grove a todos os recunchos do noso territorio”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)