Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os economistas recomendan o refinanciamento empresarial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE OUTUBRO DE 2020 · (0)



Así o di o Consello Xeral de Economistas de España, que presentou hoxe online o Atlas Concursal 2020 que elabora o REFOR. Fíxoo coincidindo coa celebración hoxe e mañá do XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal que organiza o Consello  Galego de Economistas en modo virtual convocando a 200 profesionais.


Aquí hai que subliñar o gran crecemento que experimentan Galicia (crecen un 118%) que pasa de 11 a 24 acordos de refinanciamento homologados, e Murcia que pasa de 4 a 21. Son as CC.AA  que tiveron maior número de acordos en 2019. Os datos concursais para 2020 presentan, ata xuño deste ano, segundo diversas fontes, descensos no número de concursos. Segundo Pich, “a moratoria concursal vixente ata o 31 de decembro deste ano e as limitacións da actividade xudicial durante o estado de alarma produciron unha diminución concursal que é un reflexo irreal sobre a saúde do noso tecido empresarial”. 

Na presentación do Atlas participaron o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez Taín; o presidente do  REFOR, Alfred Albiol; E o codirector do Encontro e membro do Consello Directivo do REFOR, Isaías González. E expuxéronse os últimos datos sobre as variables relacionadas coa insolvencia no noso país (concursos de acredores, mediacións, refinanciamentos, segunda oportunidade, pagos do  Fogasa…), analizando a súa evolución temporal e establecendo comparacións entre Comunidades Autónomas, así como entre diferentes países da Unión Europea. Á vista dos datos, definíronse posibles  ineficiencias e asimetrías dos nosos mecanismos de resolución de insolvencias e establecéronse propostas de mellora dos mesmos incidindo na especial conxuntura na que nos atopamos como consecuencia da pandemia e o parón da actividade regular da gran maioría das nosas empresas. Segundo dixo o presidente do Consello Xeral de Economistas, Valentín Pich, “a moratoria concursal vixente ata o 31 de decembro deste ano e as limitacións da actividade xudicial durante o estado de alarma produciron unha diminución concursal que é un reflexo irreal sobre a saúde do noso tecido empresarial”.

A presente edición do Atlas inclúe unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) sobre os efectos no terreo concursal da COVID-19, a primeiros prognósticos de insolvencias en 2020 e 2021. Pic dixo que “o punto de inflexión en canto a insolvencias en 2020 polas derivacións económicas da pandemia, fai prever que as estatísticas concursais deste ano e tamén de 2021 presentarán grandes diferenzas respecto da evolución que viñeron tendo os datos ata o de agora”.

Evolución concursal

En 2019 en España medrou un 3% o número de concursos de acredores de empresas. Unha de cada 800 empresas acudiron ao concurso. Cabe resaltar o lixeiro incremento do 2,47% no número de concursos de autónomos micropemes e pemes que apunta a un cambio de tendencia fronte ao descenso. En catro anos –de 2015 a 2019– hanse máis que triplicado o número de concursos de acredores de persoas físicas, que pasan de 649 a 2.135, e que representan, neste último ano, o 32% do total de concursos de acredores.

Aínda que este tipo de concursos viña tendo incrementos interanuais nunha pinza entre o 38% e o 56% de 2015 a 2018, en 2019 só aumentan un 3,3% respecto de 2018 (de 2.066 a 2.135). Para o REFOR este feito pode deberse a que a segunda oportunidade non está a experimentar o grao de utilización que debese ter, e, neste sentido, a transposición da Directiva de Insolvencia –que debe ser trasladada ao noso ordenamento xurídico antes do 17 de xullo de 2021– pode ser unha oportunidade para introducir os cambios que a fagan máis eficaz. Con todo, en catro anos –de 2015 a 2019– hanse máis que triplicado o número de concursos de acredores de persoas físicas, que pasan de 649 a 2.135, e que representan, neste último ano, o 32% do total de concursos de acredores. Así mesmo, desde o  REFOR estiman que se van a incrementar os concursos de persoas físicas en 2020 e 2021 polo efecto Covid-19, e, por tanto, a 2ª oportunidade, xa que a gran maioría dos concursos de persoas físicas débense á 2ª oportunidade.

As Comunidades con maior número de concursos en 2019 son Cataluña, con 1.043; seguida de Madrid, con 820. Galicia, cun 0,12%, sitúase na media do total nacional.

Procedementos de refinanciamento

Os acordos de refinanciamento non homologados xudicialmente (artigo 5 bis da Lei Concursal) creceron en 2019 un 17%. E os acordos de refinanciamento homologados xudicialmente creceron un 10,34%. Aquí hai que subliñar o gran crecemento que experimentan Galicia (crecen un 118,18%) que pasa de 11 a 24 acordos de refinanciamento homologados, e Murcia que pasa de 4 a 21. Son as que tiveron un maior número de acordos de refinanciamento homologados en 2019. 

Os datos concursais para 2020 presentan descensos no número de concursos. Para o presidente dos economistas, “agora máis que nunca, acudir a mecanismos de refinanciamento e reestruturación, así como de mediación e segunda oportunidade, resulta clave para a preservación do noso panorama produtivo e para minimizar os efectos da  descompresión concursal tras a moratoria”. En neste mesmo sentido manifestouse Vázquez Taín, para quen “ante a previsible avalancha de concursos é fundamental recorrer agora, sobre todo pemes e autónomos, a mecanismos de  reflotación para que traten de recuperarse nestes meses en que a actividade económica comeza a reiniciarse”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)