Soberanía alimentaria e tecnolóxica
Medran modelos alimentarios de proximidade como as cooperativas de consumo agroecolóxico, nas que produtores e consumidores interactúan. “Parten da vontade de decidir unhas regras do xogo de xustiza social pero non hai a mesma atención sobre a soberanía tecnolóxica, é dicir, sobre o control da tecnoloxía e os datos”, explica Ricard Espelt, membro do grupo de investigación DIMMONS da UOC.
O investigador liderou un estudo, publicado na revista Journal of Rural Studies, no que analiza o papel das TIC nas posibilidades de crecemento destas cooperativas. Os resultados mostran que as que profesionalizaron algunhas das tarefas teñen máis posibilidades de escalabilidade. “A colas de xente con máscara para comprar comida e artigos esenciais nos supermercados e, en paralelo, a organización de pequenos produtores na internet son dous fenómenos que ilustran moi ben a natureza do modelo alimentario actual”, explica. “A nosa investigación quere pescudar se as cooperativas teñen a posibilidade de ter outra escala de impacto”.

É evidente que os diferentes confinamentos provocaron un crecemento das compras por internet en toda España, cun aumento do 92% en volume segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta transformación en hábitos de compra vai unida á sensibilización sobre o modelo alimentario, o que pode ter implicacións no desenvolvemento de modelos alternativos, “iniaciativas que e fomentan o consumo de produtos de proximidade sen produtos químicos ou organismos modificados xeneticamente”, explica Espelt.
Só como exemplo: a rede de agroecoloxía de Barcelona suma 56 cooperativas e 177 provedores, o número máis alto deste tipo de España. “A tradición cooperativista da cidade mostrou certa resistencia para establecer estruturas profesionalizadas e favoreceu un modelo determinado pero, ao mesmo tempo, limitou a escala de crecemento. Esta investigación trata de dar resposta a este debate sobre a profesionalización”.
Tarefa pendente
Os resultados mostran que as TIC son moi útis para a interacción entre cooperativas e consumidores, e a maioría empréganas. Aínda así, hai diferenzas significativas entre as cooperativas profesionalizadas e as que teñen unha xestión totalmente voluntaria. En canto ao uso de software libre ou de código aberto, só o 34 % de todas as plataformas utiliza este tipo de contorna. “A pesar de que estas organizacións parten dun favorecemento da soberanía alimentaria non hai a mesma atención sobre a soberanía tecnolóxica, é dicir, sobre o control da tecnoloxía e os datos”, subliña o investigador.
Outro elemento crave na difusión da actividade das cooperativas e todo o seu ecosistema son as redes sociais. De novo, o estudo mostra as diferenzas segundo o modelo de xestión: todas as profesionalizadas teñen presenza nestes espazos dixitais, mentres que só o 53 % das xestionadas de forma voluntaria abriron un perfil nas redes. Ademais, o uso varía significativamente: as profesionalizadas actualízanse regularmente, mentres que o resto só actualízanse ocasionalmente.
Profesionalización compatible cos principios de proximidade, comercio xusto e cooperación
As cooperativas profesionalizadas presentan un maior potencial de escalabilidade. Só o 8,8 % incorpora unha profesionalización das diferentes tarefas, pero ten un maior número de afiliados, uns 72 de media, en comparación cos 29 no caso das xestionadas con voluntarios. “As organizacións profesionalizadas non se marcan un límite de crecemento, a diferenza dos grupos baseados no voluntariado”, sinala o investigador.
Os datos recolleitos tamén demostran que a profesionalización non é incompatible cos principios da ESS (proximidade, comercio xusto e cooperación), xa que cumpren estes indicadores igual que o resto de cooperativas.
Comentarios (0)