Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A empresa coruñesa PhotoILike consegue que a Intelixencia Artificial xestione vendas de vivendas



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 15 DE XUñO DE 2022 · (0)



Os investigadores e fundadores desta peme conseguiron certificar os resultados do seu servizo AutoAd constatando que os vinte minutos de xestión dunha persoa vense reducidos a vinte segundos coa app de IA. En termos de vendas, incrementa máis do 15% a conversión de anuncios inmobiliarios polo que xa está a ser usada por miles de inmobiliarias en toda España que ofrecen así as imaxes con maior atractivo comercial.  


Estamos a asistir ao auxe das tecnoloxías como facilitadoras de procesos que ata o de agora eran comúns como traballos tediosos, moitas veces supeditados ao criterio individual de quen os facía. Veremos que máis nos depara o campo da Intelixencia Artificial xusto no día que a UDC presenta este novo grao mentres asistimos ao éxito dunha empresa local nada no seu desta Universidade que coloca a Galicia nun espazo visible da innovación tecnolóxica.

O tempo que unha empresa inviste en crear anuncios para vender inmobles vai máis aló do que pensamos. Hai que seleccionar imaxes, etiquetalas, decidir a orde e expoñelas de forma correcta para que pisos e casas alúguense ou se vendan canto antes.

O exitoso uso de AutoAd pon en evidencia que as mellores tecnoloxías, mais aló da complexidade do desenvolvemento, deben ser manexables polo usuario final. PhotoILike semella acertar tamén cos cos gustos dos potenciais compradores de vivendas, xa que o 95% dos anuncios que tiveron éxito para vender son os que foron xestionados con este software. Detrás desta empresa están investigadores da Universidade da Coruña que hai uns anos crearon unha compañía con moito camiño por diante. Esta spin-off da Universidade da Coruña está conformada por doutores enxeñeiros en Informática, expertos en Intelixencia Artificial, entre eles Juan Romero, que acaba de recibir o "Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe" outorgado por SPECIES, premio de categoría internacional para os investigadores que máis contribúen na Intelixencia Artificial e a Computación Evolutiva. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)