Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os enxeñeiros industriais de Vigo, de celebración



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Vigo (ICOIIG) celebrou onte a VI Gala da Enxeñería Industrial e nela déronse as Distincións aos proxectos de Fin de Master, deuse a benvida aos novos colexiados e fíxose unha homenaxe aos que xa levan na profesión en Vigo desde hai 33 anos. Tamén quedou patente a boa enxeñería industrial que se fai en Galicia.


O acto reuniu a un centenar de persoas no Círculo de Empresarios de Galicia, e estivo presidido polo decano do ICOIIG, Francisco Pérez; a delegadada Xunta en Galicia, Paula Froiz Lareu, o presidente e a directora da CEP, Jorge Cebreiros Arce e Mª Esperanza Fernández Lamas, o director da ETSII, Juan Enrique Pardo Froján, e varios representantes do Colexio.

Dous foron os premiados coas Distincións a Proxectos Fin de Máster da Escola de Vigo en 2021: Sofía Suárez García na modalidade proxecto de Introdución á Investigación coa “Simulación FEM do comportamento de prótese valvulares biolóxicas empregadas no proceso de implantación valvular aórtica transcatéter (TAVI) que pon en máis que nunca en valor da enxeñería na sanidade con gran futuro laboral O proxecto -dirixido por José Ángel López Campos e César Gabriel Veiga García- simula por elementos finitos do comportamento mecánico dos veos de próteses valvulares biolóxicas empregadas en procesos de implantación valvular aórtica transcatéter (TAVI). Está en fase de estudo en pacientes de risco intermedio. Con este proceso de simulación poderase mellor continuamente o produto de forma rápida, adiantarse a posibles fallos, e tamén adaptar mellor o deseño dos dispositivos a cada paciente.

Javier Nogueira Vidal levou o premio na na modalidade proxecto tradicional por “Deseño e análise económico dunha planta fotovoltaica flotante conectada á rede no encoro de Zamáns (Pontevedra)”. O traballo céntrase nas enerxías renovables e liquídase un dos seus inconvenientes: o da densidade enerxética grazas á utilización de paneis flotantes. O proxecto, dirixido por Camilo José Carrillo González e Eloy Díaz Dourado, deseña e avaliareconomicamente unha planta fotovoltaica flotante conectada a rede na presa de Zamáns (Pontevedra), incluíndo o centro de transformación MT/BT, o centro de seccionamiento e a liña subterránea de evacuación eléctrica.

Na cita tamén deuse o Medallón do ICOIIG a cinco enxeñeiros industriais colexiados en Vigo, todos cun percorrido profeisonal máis ca destacado:

José Antonio Delgado Arce, que tamén é economista e inspector de Facenda do Estado, foi director xeneral do IGAPE, vogal en Consorcio Zona Franca, Conselleiro en A. Portuaria Vigo e en varias empresas e fundacións con participación da Xunta. No ámbito privado traballou en Comunitel e en Garrigues. Nos últimos 12 anos traballa como Xefe de equipo de Inspección da AEAT.

Ramón Francisco Soto Costas, doutor Enxeñeiro Industrial pola UVigo, iniciou andaina como enxeñeiro de Produción en Telettra España que se integrou en Alcatel España. En 1993 convértese en profesor asociado na ETS Industrial de Vigo. Posteriormente convértese en profesor da EE (Univ. Vigo) e forma parte de grupo de investigación de Procesamento de Materiais con Láser (LaserON).

César González Crespán enxeñeiro Industrial experto en lóxica computacional. Ten suficiencia investigadora en intelixencia artificial e estuda o mundo antigo, desde a época romana ata o paleolítico .

Juan Mª Pou Saracho, doutor enxeñeiro Industrial. Catedrático da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo contribuíu na formación de máis de 5000 profesionais da Enxeñería Industrial. Foi director da ETS de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e tamén de secretario dela mesma Escola, e coordinador do programa de doutoramento en “Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria”.

Antonio Campillo Novo, profesor titular na Escola de Enxeñeiros Industriais (ETS) da Universidade de Vigo no Departamento de Organización de Empresas e Marketing (1980-2020).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)