Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Medir e compensar aos propietarios forestais polo que achegan á sociedade



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 18 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Nas “XXXIII Xornadas Luis Asorey” organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, Luis Díaz Balteiro, catedrático de Ordenación de Montes e Valoración Agraria da Universidade Politécnica de Madrid, lembra que os sistemas forestais proporcionan un conxunto de servizos a custo cero. 


“A realidade inicial amósanos que aspectos como a captura de carbono, a conservación da biodiversidade, a regulación do ciclo hídrico... non adoitan estar correctamente medidos nin valorados, ao ser considerados como bens públicos e, por tanto, o sistema de dereitos de propiedade vólvese imperfecto”. Polo que coida necesario un sistema de información apropiado que permita medir e compensar aos propietarios forestais.

Continuouexplicando que "as externalidades foron abordadas con moita atención porque se demandaba que os gobernos adoptasen medidas para internalizar custos externos (externalidades negativas) non contabilizados a priori. Con todo, tamén existen externalidades positivas (ou beneficios externos) dos que se fala moito menos e onde os sistemas forestais son claros exemplos de proporcionar á sociedade un conxunto de servizos ecosistémicos a custo máis ou menos cero”. Esta foi unhas das conferencias das “XXXIII Xornadas Luis Asorey”, celebradas salón de actos da Deputación de Lugo. Onte xoves, 17 de novembro, tivo lugar a Luis Díaz Balteiro, investigador responsable do grupo “Economía y Sostenibilidad del Medio Natural” da Universidad Politécnica de Madrid. 

Seguindo con este ciclo, este luns 21 de novembro terá lugar unha mesa redonda centrada no valor dos servizos ecosistémicos.  Inés Santé, da directora xeral de AGADER, centrarase no valor da paisaxe agora que o concepto de infraestrutura verde está a ser adoptado de forma crecente nas diferentes políticas e estratexias de xestión territorial. “A avaliación de servizos ecosistémicos e a cuantificación económicaconstitúe un amplo ámbito de investigación. Un eido de aplicación inmediata son as políticas agrarias ou de desenvolvemento rural, xa que a capacidade do territorio para a provisión de servizos ecosistémicos deberá sentar as bases para a implantación de medidas agroambientais e pode dar lugar a novos sistemas de pago por servizos ecosistémicos, é dicir, pagos a propietarios ou xestores da terra por proporcionar ou protexer estes servizos” -salienta-.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural sinala que a Comisión Europea propón que a infraestrutura verde pode ofrecer solucións para a prevención do abandono da terra agrícola e para minimizar os impactos negativos cando xa está abandonada. Así, “a prevención do abandono pode abordarse investindo nun mellor uso e desenvolvemento dos servizos proporcionados pola infraestrutura verde. Nestes casos, pódese ter unha maior viabilidade económica explotando o seu potencial para o turismo ou usos multifuncionais, ou a través do financiamento destas zonas cos fondos da PAC para zonas agrícolas de alto valor natural ou outros fondos estruturais europeos. Merece unha mención específica a combinación da infraestrutura verde co pastoreo e outros tipos de gandaría de baixa intensidade”.

O director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans; describirá os mercados de dereitos de carbono, centrando a atención no mercado voluntario en España e presentará a situación das compensancións por CO2 nos montes galegos. “A diversidade biolóxica non só inflúe na capacidade adaptativa dos ecosistemas senón que ten unha relación directa con algunhas das funcións ecolóxicas básicas que constitúen a base para a produción dos servizos. É o caso da produción de biomasa, os procesos de descomposición, a reciclaxe de nutrintes ou a captura e almacenamento de recursos. Estas funcións supoñen á súa vez o soporte de servizos como a provisión de alimentos e materiais, a regulación de fluxos de materia e enerxía fundamentais para as actividades humanas ou as numerosas manifestacións culturais dependentes dos ecosistemas".  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)