Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Queixas pola prórroga ao límite do 2% para a actualización das rendas do alugueiro



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



O Goberno vén de facelo ata o 31 de decembro de 2023, o que blinda aos inquilinos da subida da inflación un ano máis. Desde o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de España coidan que moitos propietarios poden saír afectados. Mentres que a avogada Arantxa Goenaga di que “é unha medida populista que non serviu de nada”.


O perfil do arrendador en España é moi heteroxéneo. E o mercado do alugueiro non atravesa o seu mellor momento. Á inestabilidade e á perda de capacidade económica do consumidor engádeselle un clima de inestabilidade xurídica por un goberno que moitos coidan ineficaz na toma de decisións para desencallar este problema e evitar un desastre maior en 2023.

Ata o de agora unha das medidas “estrela” do Executivo foi a aplicación dun límite do 2% na renovación das rendas do mercado do alugueiro. Anunciada agora a súa prórroga, aos fondos de investimento a medida non lles vai a afectar, si o fará aos pequenos propietarios, que tamén notan o encarecemento da vida e da subida do IPC. “Sairán prexudicados, pois hai moitos que non teñen demasiada marxe de beneficio co alugueiro dos seus activos. Non se pode cargar ao propietario da responsabilidade da falta de alugueiro en España. Ha de ser o Estado quen se faga responsable, como xa fixo co programa de axudas ao carburante, por exemplo”, afirma Ángel Martínez León, vogal do Consejo General dos COAPI de España. Segundo as súas previsións este teito “sumado á incerteza xerada polo intervencionismo do Estado fará que a oferta caia e, a igual demanda, provocará un posible aumento do prezo medio do alugueiro nas grandes ciudades”.

“O límite temporal do 2% ao alugueiro é unha medida populista que non serviu de nada e que o único que provocou é que os propietarios de vivendas sufran esta perda”, advirte Arantxa Goenaga, socia e avogada de Círculo Legal Barcelona. “O único que provocou é que os propietarios de vivendas sufran esta perda ao trasladarlles un prexuízo que debería ser asumido polo Goberno”, explica a avogada, que tamén pon en dúbida a efectividade das propostas de aumentar o intervencionismo mediante, por exemplo, a creación de zonas tensionadas.

Para a experta, o principal problema reside na falta de estímulos que os propietarios poñan as vivendas en alugueiro. Goenaga suxire que a Administración opte por unha serie de “incentivos fiscais”, que poden ir desde asumir o alugueiro ata desgravacións fiscais, como os que expón o Goberno sobre o IRPF dos arrendadores, “Tamén son necesarias medidas de axilización dos trámites cando o inquilino deixa de pagar un inmoble ou ben cando se produce unha ocupación. Isto é algo que non sucede e un motivo polo que moitos propietarios deciden non alugar”.

E remata apuntando á falta de investimento para aumentar o parque público de vivendas, que na actualidade representa a penas un 2% do total. “As persoas vulnerables que non poden acceder ao mercado inmobiliario en condicións normais deben ser axudadas pola Administración, e que mellor forma de facelo que cun parque público potente”, conclúe.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)