Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Clúster da Madeira pide unha FP dual para o sector que axude a suplir a demanda de profesionais que teñen



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 25 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



En principio está previsto que no próximo curso, na EFA Fonteboa (Centro de Promoción Rural ubicado en Coristanco) impártase o Ciclo Formativo de Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente. Alí precisamente o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) celebrou esta mañá a última Xunta Directiva do ano.


A reunión fíxose neste centro para dar os primeiros pasos no deseño do Ciclo Formativo de Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente que o centro comezará a impartir o próximo ano, "cunha formulación innovadora no pedagóxico e con participación e implicación das empresas do sector", afirman os empresarios.

Desde hai tempo as empresas do CMD manifestan a dificultade de atopar substitución aos profesionais que se están xubilando ou de contar con novos profesionais formados para dar resposta aos avances que a industria experimentou tanro de innovación como de tecnoloxía. Con esta nova oferta formativa preténdese dar resposta a estas necesidades de formación que existen no sector forestal. A actividade no sector está a aumentar e, con iso, a demanda de profesionais formados.

Dende o CDM afirman que estudaranse todas as posibilidades que ofrece a formación regrada (Ciclos Formativos de FP) e non regrada (Certificados de profesionalidade e outras formacións específicas), facendo especial énfase na Formación en Alternancia (Dual). E analizaranse tamén as capacidades dispoñibles nos Centros de Formación adscritos á Consellería do Medio Rural, para que poidan deseñar unha oferta educativa en FP que cubra as necesidades das madereiras.

A maiores, no próximo ano 2023, o CMD dará por concluído o seu Plan Estratéxico MADE 2020-2023 e inicia nova estratexia industrial que acompañe ás empresas asociadas durante o próximos catro anos.

  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)