Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A principal dificultade para o 84% das empresas galegas, o encarecemento da enerxía



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Séguenlle os problemas de abastecemento e a suba dos custos laborais. Así se recolle Estudo de Clima Empresarial en Galicia, no que participaron 300 empresas da comunidade, feito pola Cámara da Coruña e SigmaDos. Destaca que a elevada presión fiscal, cuarta dificultade en España, é substituída en Galicia pola escaseza de man de obra.


As empresas enquisadas prevén en todo caso unha evolución positiva das vendas no estranxeiro, e na merca de subministracións nos mercados internacional e nacional. A previsión sobre contratación de persoal e vendas en España, con todo, é algo menos optimista, tampouco o son moito en canto ás condicións e o acceso ao financiamento.

Como factores de impacto na economía española, ademais da evolución dos prezos da enerxía e as materias primas, as empresas galegas, especialmente as do sector da construción, identifican a guerra de Ucraína en segundo lugar. Independentemente do seu tamaño e sector, o 86,3% sinalan a importancia que ten o risco de recesión económica.

As medidas máis importantes para reducir o risco de desabastecemento de materias primas e bens estratéxicos son aumentar a proporción de provedores de proximidade e a diversificación. Tamén considérase moi necesaria a creación de reservas estratéxicas conxuntas coa UE para garantir alternativas de abastecemento de materias primas, enerxía e subministracións. Tocando os problemas enerxéticos a práctica totalidade das enquisadas, un 95,6%, considera que a dependencia enerxética do exterior é un factor moi ou bastante grave. En canto ás posibles medidas para reducila: máis da 72.7% defende acelerar a transición cara ás enerxías renovables (solar, eólica, biogás); un 36,7% cara á ampliación do número e vida útil das centrais nucleares, e un 22,7% axudas ás empresas.

Informadas dos fondos de recuperación Next Generation EU

O estudo revela tamén que o grao de coñecemento das empresas, independentemente do seu tamaño e sector, dos fondos de recuperación Next Generation EU en Galicia é do 70%, moi por riba resto de empresas españolas, que se sitúa nun 54,1%.  O 45,7% das empresas en Galicia sabe como acceder aos fondos e teñen maior coñecemento as empresas de máis de 50 empregados e as do sector da construción. O 32,7% pediu estes cartos ou ten intención de facelo sobre todo nos sectores da hostalería e a construción.

  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)