Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Belacolmea, a firma de apicosmética sostible premiada por Medio Rural



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Nacida da man da Agrupación Apícola de Galicia, recibía o galardón da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Nesta pasada edición houbo preto de 60 propostas. Outro dos premiados; Xabier Paz, foino por “Leira Enxebreza”, unha explotación gandeira de vacún de carne en extensivo en Vilapedre (Vilalba).


Na XIII dición destes premios entregados recentemente recoñeceuse o froito deste traballo de dous anos de investigación e desenvolvemento xunto coa Universidade de Vigo, financiándose con fondos propios de ADERCOU. A firma galega de cosmética naceu para que as explotacións apícolas puidesen ser más rendibles. Os seus produtos -moi ben valoradas en canto á relación calidade/prezo- pódense mercar en tendas como El Bazar Natural, El Pincel ou Arkonstore.

Seguindo cos premidos, na categoría de proxectos de Interese social gañou a asociación Íntegro que leva máis de 30 anos de inclusión social das persoas con diversidade funcional de toda a Costa da Morte. Na categoría de Turismo o premio recaeu na iniciativa “Atmos Hotel”, pola estupenda xestión dun novo establecemento no corazón de Outes (A Coruña), fusionando deseño, tecnoloxía e natureza.

En canto á categoría de Recuperación da terra agraria o premio foi para a Asociación de criadores de raza porcina celta de Galicia, Asoporcel, pola contribución ao mantemento da actividade agrogandeira en zonas rurais desfavorecidas, á conservación da paisaxe e á prevención de lumes forestais. E con respecto á categoría de Innovación tecnolóxica, gañou Rir & Co, unha casa taller situada en Allariz liderada por unha das grandes artesás do textil galego.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)