As matriculacións de turismos e todoterreos caen un 5,4% en 2022
As dificultades no transporte aos concesionarios provocaron que miles ficasen parados atrasando as entregas. A maiores foi un ano complicado pola guerra en Ucraína, o aumento de custos enerxéticos e carburantes, inflación e tipos de interese, todo condiciona. Son as vendas de vehículos industriais, autobuses, autocares e microbuses, cun aumento do 13,8, o único que medra.
“A crise dos semiconductores viuse profundamente agravada por factores exógenos como a guerra de Ucraína e os confinamentos pola política de Covid Cero de China. Ademais da crise económica con alza de prezos enerxéticos, inflación e tipos de interese, a tormenta perfecta completouse con estes pescozos de botella nos transportes marítimo e por estrada”, expilca Félix García, director de comunicación e márketing da asociación de fabricantes ANFAC. “2022 volve quedar por baixo das previsións e déixanos un escenario desfavorable para 2023 onde, sendo cautos, deberiamos abordar o asalto á fronteira das 900.000 unidades”.
Todo dependerá de se termina o conflito en Ucraína e normalízase a cadea loxística para que se poidan entregar máis vehículos novos. Axudará tamén a sumar novas matriculacións que o Goberno acelere as medidas para impulsar os puntos de recarga rápida e as axudas directas para vehículos electrificados. “Cun mercado por baixo do millón de unidades existe un risco real de perda de investimentos e emprego”, advirte o director de comunicación.
Na liña vai tamén Raúl Morales, director de comunicación da rede de concesionarios FACONAUTO, que engade que “o mercado non puido cambiar a súa tendencia negativa polos persistentes pescozos de botella no aprovisionamento de vehículos, o que condicionou moito a actividade dos concesionarios. E no transfondo, un contexto no que a inflación, o incremento dos tipos de interese e a incerteza dos fogares erosionaron a capacidade de consumo”. Os concesionarios viron agravada esta situación no último tramo do exercicio, cando o mercado reflectiu unha clara caída da demanda.
A incerteza coa que pechamos 2022 impídenos albiscar un cambio para este 2023. Hai dous escenarios: un crecemento conciso do 5%, é dicir, 870.000 unidades, ao que habería que sumar un 10% adicional se se solucionan os pescozos de botella na produción, co que nos iriamos a 960.000 unidades. “Ningunha das dúas previsións é unha boa noticia, porque estamos moi lonxe das cifras que viamos antes da pandemia”. Tamén a directora de comunicación da patronal GANVAM, Tania Puche, si que “o ano foi máis complicado en canto a matriculacións que o anterior, temos que retroceder ata 2011 para ver uns volumes parecidos” Ademais, nun contexto no que o ritmo de electrificación aínda non alcanzou a velocidade de cruceiro “reenfocar as estratexias de descarbonización para conseguir parar en seco o envellecemento do parque convértese en obxectivo prioritario para este curso que acabamos de estrear”.
813.396 unidades vendidas en toda España de coches e todoterreos
A cifra queda por baixo das previsións do sector que se situaban ao redor das 830.000 unidades no mellor dos escenarios, debido, en parte, polo pronunciado descenso que se produciu en decembro cunha caída das vendas dun 14,1%. Respecto das matriculacións por canles reflicten o marco do mercado xeral, onde os condicionantes económicos lastran vendas a particulares cunha leve caída do 1,7% para o total do ano, con 366.364 unidades vendidas. E canto á canle de empresas, e a pesar da caída rexistrada en decembro, logra pechar o ano cun incremento do 4,1% e 348.144 matriculacións. E xa os alugadores é o campo que máis afectado viuse cun descenso do 35,1% e 98.888 rexistros.
As matriculacións de vehículos comerciais lixeiros baixaron o 21,3%. A pesar disto o computo xeneral, o último mes logrou mellorar as cifras cun incremento do 12,4.
Comentarios (0)