18 de 34
Un recente estudo recolle que no noso subsolo temos 18 dos 34 minerais identificados como críticos pola UE. O informe -baseado na análise de case 13.000 mostras xeoquímicas tomadas polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España en 127 zonas de Galicia- revela que temos un valor mineiro económico de entre 25.000 e 45.000 millóns de euros. É moi improbable que se vaia a prescindir desa fonte de recursos, azuzados ademais desde Bruxelas, que quere a menor dependencia posible de fóra.
A Cámara Mineira de Galicia presidida por Cecilia Trancón celebrou hoxe 100 anos de vida no Hotel Monumento San Francisco de Santiago con máis que boas perspectivas.
O 10 de setembro de 1925, no nº 27 da rúa Riego de Auga da Coruña, baixo a presidencia de Ramón del Cueto e ao amparo do Real Decreto do 23 de setembro de 1921, en virtude do cal se crean as Cámaras Oficiais Mineiras en Españ,a esta primeira sede coruñesa consolidouse grazas a figuras como Pedro Barrié de la Maza e Isidro Parga Pondal, que foron presidentes.
A partir dos anos 90 a Cámara incrementa actividade, culminando no Congreso de 2009 que impulsou a minería sostible e hoxe é o órgano consultor e mediador do gremio. No acto de hoxe renderon homenxe aos 12 presidentes que lideraron a institución reuniu a familiares dos primeiros presidentes, a quen presidiu a Cámara nas últimas etapas, a empresarios, e a representantes do sector, además do presidente Rueda e a conselleira de Economía.
Garantir o submisnitros deste minerais é a orixe máis ou menos evidente detrás de moitos conflitos xeopolíticos de hoxe día, evidentes e menos evidentes, con enormes tomas de posición chinesas en África, por exemplo. Para gañar autonomía e xerar riqueza na contorna europea se se poden explotar minerais como o coltán, vital para tecnoloxía, ferramentas dixitais, as baterías eléctricas e as renovables, farase.
"Os minerais van ser imprescindibles sempre. Para manter moitas das cousas dasque dispoñemos necesítanse as explotacións mineiras. A tecnoloxía pode avanzar pero sempre será necesaria unha base mineral", dixo o presidente Rueda convidado aos actos de hoxe xunto coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Con colaboración público-privada para promover que todo o proceso -desde a extración ata o produto final- fique en Galicia e garantir as mellores condicións laborais e ambientais, non digamos en comparación con outras zonas do planeta.
O marco do que nos dotamos é a Lei de recursos naturais de Galicia que busca que a riqueza que produce a xestión do vento, a auga ou os minerais tradúzase en melloras para os veciños da contorna. Tamén en marcha a Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia e un Plan de inspección mineira que debería estar en 2026 para regular as visitas ás instalación e avaliar o seu estado respecto do proxecto inicial.
Comentarios (0)