Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Financiamento a tempo, máis canles de investimento para pemes e mellor coordinación



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)



Son de manera escueta as tres mensaxes que deixou o presidente da CEG, Manuel Vieites, na cita desta mañá na sede compostelá da Confederación. “Os mecanismos públicos de financiamento, incluídos os programas europeos, deben incorporar maiores porcentaxes de axuda para pemes e que se apoien máis no sistema financeiro para axilizar a tramitación”. Ademais insiste na mellora da coordinación de entidades públicas e privadas, “non podemos permitir que os recursos se perdan en trámites, duplicidades e complexidades administrativas”.

Engadiu o que definiu como “retos maiúsculos” que ten Galicia por diante:  industrialización sostible, reforzar o crecemento de pemes e microempresas e facilitar o acceso a vivenda.


“O financiamento público representa unha panca imprescindible para impulsar a competitividade empresarial, acelerar proxectos e soster sectores crave en momentos de dificultade”, continuou o empresario conserveiro vigues á fronte da CEG dende 2022, cualificando de “ fundamental” que a cooperación entre administración autonómica, ICO e o conxunto do sector financeiro afonde. “Cando as institucións traballan coordinadas as nosas empresas avanzan con máis seguridade e velocidade”.

As cita directa ao ICO explícase porque o coloquio desta mañá fíxose para convidar ao actual presidente do Instituto de Crédito Oficial, o economista valenciano Manuel Illueca, reunido xunto co Consello Asesor da CEG, organizacións integradas e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

Illueca (na imaxe fica á esquerda de Vieites) defendeu do ICO a súa “capacidade para canalizar fondos” cara ás empresas mediando xunto con entidades financeiras. “Estes instrumentos foron decisivos para asegurar liquidez en momentos de máxima tensión e manter en funcionamento a miles de empresas, moitas delas galegas”. A CEG recoñece que ese esforzo foi fundamental para evitar a destrución de actividade, o financiamento directo axuda a cubrir fallos de mercado. Vieites dixo que “a experiencia dos avais ICO demostra que os instrumentos ben deseñados e executados funcionan, e funcionan moi ben”.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, coincidiu en que as Administracións deben dar estabilidade e achegar seguridade varrendo para casa, e citando valoracións como as mais recentes de axencias de cualificación crediticia Moody’s e S&P, que nas últimas semanas melloraron a cualificación da Comunidade galega cun crecemento do PIB en liña co de España e superando a media da Eurozona.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)