A Autoridade Portuaria da Coruña presenta o seu informe "Porto e Patrimonio"
A Autoridade Portuaria da Coruña presentou o estudo “Porto e Patrimonio”, coordinado polos profesores da Escola de Arquitectura Fernando Agrasar e Antonio Río. Este informe é o resultado do proxecto de investigación titulado “Estudo documental do Patrimonio Arquitectónico do Porto da Coruña". O acto, que tivo lugar na sede portuaria, reuniu a representantes do ámbito académico, profesional e cidadán, interesados en coñecer o resultado desta análise integral de máis de 50 elementos arquitectónicos do porto.
O seu propósito é a consideración do conxunto das pezas construídas no recinto portuario da Coruña e achega datos esenciais dos seus proxectos e procesos de construción, ademais de avaliar o interese patrimonial de cada un deles desde unha perspectiva arquitectónica.O acto, que tivo lugar na sede portuaria, reuniu a representantes do ámbito académico, profesional e cidadán, interesados en coñecer o resultado desta análise integral de máis de 50 elementos arquitectónicos do porto.
“O traballo permite comprender a riqueza do patrimonio portuario tanto para o público en xeral como para os especialistas en arquitectura, historia, socioloxía, economía, etcétera”, sinalou Fernando Agrasar, coautor do estudo. “Por iso buscamos que sexa un documento tan atractivo gráfica e visualmente como rigoroso”, engadiu.O seu compañeiro Antonio Río destacou que o estudo é o resultado do traballo conxunto dun equipo do que tamén formaron parte as investigadoras e arquitectas Dolores Salvadores e Ester Suárez. Felicitou ademais ao autor das fotografías, Héctor Santos-Díaz, “pola calidade das imaxes”, e agradeceu a Elena Lapido, arquiveira da Autoridade Portuaria da Coruña, e Eduardo Blanco, xefe da área de Patrimonio, Enerxía e Pesca da Autoridade Portuaria da Coruña, “a súa contribución e apoio a este proxecto”.
Pola súa banda, Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, puxo a énfase en agradecer á Escola Técnica Superior de Arquitectura e á Universidade da Coruña a súa colaboración e achega de todo ese coñecemento que recolle o estudo.“Porto e patrimonio” ofrece unha visión ordenada, documentada e avaliada do patrimonio construído no recinto portuario, incluíndo a definición da área de estudo, a clasificación de cada peza e unha valoración do seu estado de conservación. A publicación, que non ten transcendencia xurídica en canto á protección oficial dos distintos elementos, incorpora documentación gráfica homoxénea, como planos e fotografías, que facilita a divulgación e o uso técnico do material.
A Autoridade Portuaria ha querido ademais impulsar esta investigación integral do patrimonio arquitectónico para darlle divulgación entre o público xeral e a achegar coñecemento ás decisións que se poidan tomar no proxecto Coruña Marítima coas transformacións que levarán a cabo nos espazos portuarios. “Queriamos realizar un estudo coidadoso do patrimonio do Porto e poñelo ao dispor da cidadanía. O noso obxectivo é poñer en valor e protexer o que haxa que poñer en valor e dalo a coñecer.”De feito, a publicación está dispoñible para consulta e descarga na sección “Coñece o teu Porto” da páxina web oficial da Autoridade Portuaria: https://www.puertocoruna.com/publicaciones
Comentarios (0)