Por outros 75 anos máis
O 27 de novembro Portos de Galicia, e o 8 de decembro o Consello da Xunta, ratificaban unha prórroga excepcional da concesión que Jealsa mantén no porto de Boiro estendendo vixencia ata o máximo legal: 75 anos. Ata o 3 de xuño do 2067, se non sucede nada que o impida, alí seguirá a conserveira.
A xustificación dada hoxe polo presidente de Portos de Galicia? A firma familiar fundada en 1958 xeran uns 15.000 empregos entre directos e indirectos, o 72 % son mulleres e hai 34 persoas con algún tipo de discapacidade no equipo. Pero fai falta investimento para apoiar un aumento coma este -por lei debe superar os 500.000 euros- e segundo a corporación roldará os 8 millóns.
Jealsa Foods renovará a cuberta da nave principal para eficiencia enerxética e construirá unha nova nave, gastando 3,2 millóns. Pero tamén ten prevista a reconstrución dunha nave industrial incendiada anos atrás cun investimento de 4,8 millóns.
A cifra resultante, malia que haxas mudanzas nela coa realización efectiva dos traballos, dificilmente poderá baixar do medio millón esixido.
É a primeira vez que Portos de Galicia outorga unha ampliación destas características tras da petición da empresa aproveitando a modificación da Lei de Portos de Galicia —en vigor desde o 1 de xaneiro do 2025—, que equipara a lexislación autonómica á estatal permitindo elevar o tope das concesións de 50 a 75 ano “sempre que exista un compromiso investidor proporcional”.
Aínda así o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, compareceu esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para informar sobre iso, aínda que as razóns son obvias: crea 3.000 postos de traballo directos e 12.000 indirectos. O presidente de Portos de Galicia defende que con esta ampliación achégase maior seguridade xurídica e créase as condicións para incentivar o investimento no porto de Bodión "evitando a deslocalización, mantendo postos de traballo e facilitando a creación de novos empregos”.
Comentarios (0)