Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ponse en marcha a primeira planta de almacenamento enerxético autónomo de Galicia



REDACCIóN · PUBLICADO O 18 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)



Permite almacenar enerxía en horas devolvela á rede cando se incrementa a demanda, con capacidade para fornecer a 2.000 vivendas ao ano mesmo en condicións operativas complexas.

Chega da man dunha multinacional chinesa, Sungrow Renewables, que escolleu Sanxenxo para ubicar esta primeira planta en España, onde a firma afirma que seguirá a investir.


A inauguración foi onte na propia planta situada no parque empresarial Nantes en Sanxenxo (Pontevedra). Daniel Sánchez, CEO de Sungrow Renewables en Western Europe,  Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo e María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, estiveron alí.

A planta responde o proxecto denominado ‘Bess Sanxenxo’ no que se instalou un sistema con baterías LFP en formato contedor. Con 5MWh de potencia instalada e 20MWh de capacidade de almacenamento, a instalación permite absorber enerxía eléctrica da rede en momentos de baixa demanda, almacenala e posteriormente devolvela ao sistema cando sexa necesaria.

Sungrow Renewables opera en máis 20 países en Europa, Hispanoamérica, Asia e Oceanía, ten desenvolvid,  investido e construído instalacións con máis de 47 GW de potencia


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)