Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas do sector do comercio, da industria e da construción son as que máis problemas teñen coa ciberseguridade



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 23 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)



Se ben como cifra xeral o 15% das empresas galegas rexistraron algún problema deste tipo en 2025, os datos varían  dependendo do tipo e o tamaño: son máis frecuentes nas de máis de 50 ou máis empregados. Segundo a enquisa do Instituto Galego de Estatística, o phishing coróase como o principal delito, o sufren máis do 10% das compañías.

A autenticación con contrasinais seguros, copias de seguridade, controis de acceso á rede, o uso dunha VPN (que oculta identificación e localización do usuario), a autenticación en dobre fase (por exemplo, requirindo usar unha app) ou o encriptado dos datos, evitan moitos males.


O modus operandi do phising: cando fanse pasar por entidades como bancos, empresas ou suplantan a identidade dun particular para obter información sensible. Estendeuse nas redes sociais e correos electrónicos, empregados para incluír enlaces web a páxinas falsas que simulan ás auténticas -como a sede dun banco-, máis aló do tradicional engano para obter información como o DNI, datos bancarios ou contrasinais-.

Ademais do phising e a suplantación de identidade, o máis habitual e sufrir algún tipo de virus informático, ataques de denegación de servizo -impedindo o acceso a páxinas web-, os accesos non autorizados e a instalación de malware (programas maliciosos).

Case o 52% das compañías dedicadas ao comercio con máis de 50 empregados sufriron fallos de ciberseguridade, e na industria a porcentaxe é semellante, dun 49 %, como no caso da construcción. En hostalería baixa algo, ata o 30% das grandes empresas, aínda así, cifras notables.

De media, e tendo en conta a todos os sectores, as compañías con máis de 50 empregados rexistraron incidencias de ciberseguridade nun 47,7% dos casos, mentres que naquelas de entre 10 e 49 empregados a porcentaxe de afectadas redúcese ao 27,1% e nas de menos de 10 empregados, un 13,5% sufriron ciberataques. E a pesar de que as grandes empresas son os brancos predilectos, tamén son as que contan con mellor preparación: un 22,28% afirma ter un nivel de preparación alto e un 66,54% adecuado.

Non ocorre o mesmo co total das empresas galegas, xa que unha de cada tres (30,51%) recoñece non telos, moitas son pemes con recursos limitados. Pero un 53,48% si. 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)