Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Reganosa compra o 99,88% de Saltos del Cinca, sumando tres centrais hidroeléctricas en Huesca á súa carteira



REDACCIóN · PUBLICADO O 24 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)



Hai tempo que é moito máis que a planta de Mugardos cunha capacidade de carga anual de 10.950 cisternas. Ten o 25% doutra regasificadora, a do Musel, en Asturias. E segue o camiño da diversificación entrando de cheo no negocio da xeración renovable en Aragón ao comprar tres hidroeléctricas a Plenium Partners xestor do vehículo de investimento Helia II, FCR, e o seu socio Bankinter Investment SGEIC, o 99,88% do capital de Saltos del Cinca. 

O importe non é público pero Reganosa asegura que financiarase con fondos propios, "sen recorrer a endebedamento nin a achegas adicionais dos socios". 


Saltos de Cinca xa foi propiedade doutra coñecida da industria galega, Ferroatlántica, que vendeuna ao fondo de investimento Helia II, xestionado por Plenium e Bakinter e que agora estará en mans doutra galega.

As centrais Arias I (na imaxe), Arias II e Ariéstolas suman unha potencia de 18,9 megawatts (MW). A autorización das primeira delas remóntase a 1963 e nas outras dúas deuse en xuño de 1983 cun período de vixencia de 75 anos. En outubro de 2019 arrendou outras dúas plantas no río Esera, tamén en Huesca.

A enerxética fundada en 1999 integra unha fonte renovable nos consumos  do grupo cuxa propiedade repártese entre o 59,6% que controla Grupo Gadisa; o 28,6% da Xunta; e o 11,8% de Sonatrach. Conta cun equipo de enxeñeiros e persoal técnico, con presenza na planta de Mugardos (Ferrol), operacións internacionais (Malta, Kuwait) e oficinas en Bruxelas, enfocados na xestión de terminais GNL e servizos enerxéticos.

Dúas das centrais agora adquiridas sitúanse en tramos altos do río Cinca e a terceira nun tramo inferior, formando un aproveitamento hidroeléctrico en fervenza "baixo unha xestión estrita dos caudais en coordinación cos usos prioritarios da conca, garantindo a protección ambiental do conxunto do río" afirma a empresa galega na súa nota de prensa informativa ao respecto da operación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)