Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Haberá unhas 250 festas ilegais en Fin de Ano e Reis, a maioría porque os hostaleiros nin tentan xa pedir permisos



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 26 DE DECEMBRO DE 2025 · (0)



Segundo os cálculos da Federación Galega de Salas de Festa e Discotecas (Fesdiga), serían un 22% menos que as da pasada tempada de Nadal. Pero na maioría das ocasións falamos de festas en locais con licenza que non piden o permiso pertinente, entre outras cousas pola lentitude cos trámites.

"Ás veces a autorización chega tres meses despois da festa", asegura o empresario e presidente de Fesdiga, Samuel Pousada.


Pousada, como rostro de sector e empresario, pon o foco nos concellos, que poñen demasiadas dificultades ou pouca axilidade á hora de realizar trámites. 

Tamén existirían un 15% destas festas ilegais clandestinas, en locais sen acondicionar que se alugan para estas ocasións o cal xa pode ser máis complicado. Ata un 2-3% destes son públicos, cedidos polos concellos, o cal é chamativo. Pousada pon o foco na tradicional festa celebrada na entrada do auditorio Mar de Vigo "é un local moi grande pero non adaptado para este tipo de actividades".

A principal causa da existencia destas festas "ilegais" é o incumprimento da lei de espectáculos de 2018 que establece que as licenzas de festas extraordinarias son competencia municipal: “Moitos concellos mesmo descoñecían a lei e outros facían a vista gorda”, declarou Pousada en rolda de prensa esta mañá. O smepresarios levan tempo pedindo tamén que se involucre a Xunta informando aos  concellos sobre as súas competencias en materia de espectáculos. O obxectivo é “baixar das 200 festas a nivel galego”, indica Pousada.

Polo demais recuperouse a situación prepandemia, incluso reducindo as cifras da campaña de 2019, cando se esperaban 280 festas ilegais tras o subidón tras a saída do longo confinamento. O 85% destas celebracións “ilegais” ou sen autorización, como é previsible, serán festas de Fin de Ano: en Pontevedra e na Coruña prevense unhas 85 festas ilegais, respectivamente, mentres que en Lugo e en Ourense, unhas 40.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)