A dunita de Cabo Ortegal será máis e mellor aproveitada
100 millóns investiranse na contonra de As Pontes tras a luz verde de Xestur á venda dunha parcela en Penapurreira á asturiana Pasek. Farán unha nave de procesamento e valorización desta roca ígnea formada principalmente por silicato de magnesio e moi valorada en fundicións, agricultura e construción.
Xa se extrae desde 1972 na mina David, pero agora pecharase máis o proceso. O mineral de Cabo Ortegal é clave na fabricación de aceiro en Europa. A empresa, tras máis de 15 anos investigando novas aplicacións da dunita, recibira o Premio Galicia á Innovación en 2023.
Había outra opción para a zona: un centro loxístico con empresas chinesas de inquilinas pero gañou esta, presentada o pasado 12 de decembro que, segundo a empresa. Xerarám segundo Pasek, 70 postos de traballo “con contratos indefinidos e alto grao de especialización”.
Esta planta mineralúrxica de procesamento e valorización utilizará os residuos mineiros como materia prima para a transformación en produtos que serán usados posteriormente nas industrias de cemento, fertilizantes, caucho, cerámica e refractarios, industria papeleira e diversos procesos químicos.
A mina Pasek, está domiciliada en Cariño, pero a oficina principal está en Salinas (Asturias), comudiade onde teñen unha fábrica de formigóns. A compañía como tal constituíuse en 1971 como parte dun grupo belga pero en 2007 chegou capital español. En 2014 comezaron cos procesos de transformación da dunita tendo como clientes a empresas de Estados Unidos, Polonia, Portugal e Bélxica e cmo principal explotación, o silicato de magnesio de Ortegal.
Unha vez o mineral é extraído móese e clasifícase na planta. O 95% do mineral procesado é transportado a granel a un ritm de 4.000 e 5.500 toneladas ao día. E expórtase por vía marítima desde os portos de Cariño e Ferrol.
Comentarios (0)