Acadamos a meirande cifra de funcionarios
As administracións públicas empregan a máis 178.000 traballadores en Galicia nas diversas ramas. A meirande cifra histórica, segundo o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Á cabeza sen discusión e con máis de 120.000, os funcionarios da Xunta (as competencias en sanidade e educación pesan) seguidos dos 30.268 das administracións locais e dos 28.172 do Estado.
Polo demais despedimos 2025 cos mellores datos de emprego para un decembro: temos 1.097.288 cotizantes sobre unha poboación duns 2.720.000 habitantes. Unha persoa case cotiza xa por tres.
112.031 persoas que procuran un (en teoría) sen traballo, a cifra máis baixa nun decembro desde que hai rexistros (1996). O paro baixa nas catro provincias en todos os sectores liderando a baixada o sector primario (-10,56%), seguido da construción (-9,25%), industria (-7,96%) e por último servizos (-4,73%).
De volta co funcionariado hai bastantes máis mulleres, en Galicia suman 107.628, fronte aos 70.632 homes. No tocante aos traballadores estatais, 16.043 son dos Corpos de Seguridade do Estado e das Forzas Armadas. Hai 11.846 da Administración Xeral do Estado e apenas 283 da administración ao servizo de xulgados e tribunais.
Esta cifra de traballadores públicos supón un incremento duns 24.000 respecto a hai 15 anos. De feito, son preto de 40.000 se a comparativa faise con xullo de 2005, pois hai 20 anos había 139.477 en Galicia e ás portas dun recambio xeracional de 5.000 que se xubilarán durante o próximos cinco anos,.
Comentarios (0)