Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Delta Vigo medrará un 75% en dous anos apontoada nos sectores aeroespacial, de defensa e ferroviario



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



E farano, segundo teñen previsto, ata 2047.  Dos seus 232 empregados o 41% pertencen á área de enxeñería, pero nos dous vindeiros anos contan con empregar a 50 novos profesionais en diversas ramas produtivas e de investigación.

A piques de levantar a primeira ampliación da fábrica inaugurada en 2018 en Porto do Molle (Nigrán) e cunha segunda programada, esta empresa familiar ten en cabeza á segunda xeración que non fixo senon ampliar a senda que comezou Francisco Puga Rodríguez, que abriu hai 77 anos un taller de 50 m2 na parroquia de Teis.


Na planta de Peinador aínda se desenvolven algunhas das actividades orixinarias de Delta: mecanizado de pezas de utillaxe e caldeiraría. Hoxe está especializada en compoñentes para avións, demanda que para de crecer á calor dos contratos dalgúns dos principais fabricantes nun mercado en expansión. De aí as ampliacións de Porto do Molle, para poder facer fronte aos novos proxectos. Investirán 12 millóns de euros, aos que se sumarán outros 8 para adaptar o resto de plantas.

Pechan 2025 cunha facturación de aproximadamente 60 millóns de euros pero proxectan acadar os 75 en 2026, e 105 millóns en 2027 un incremento do 75% en só dous anos. E cunha rotación de persoal histórica do 0,9%, “un indicador excepcional para o sector tecnolóxico”, afirman.

O 1 de febrero de 2023 celebraban o 75 aniversario no Círculo de Empresarios de Galicia cun máis que satisfeito presidente, Francisco Puga González, lembrando o percorrido da empresa fundada polo seu pai en 1947 para dar servizo a conserveiras e estaleiros das proximidades. 

Xa coa segunda xeración á fronte e a partir da segunda metade da década dos setenta deseñaron modelo empresarial e industrial que facilitou o despegamento. A produción de pezas para motores da firma Deutz significou dar o salto da reparación naval e conserveira á fabricación de compoñentes de alta precisión  polo que tivo que nacer no proceso un departamento de enxeñería que, co paso do tempo, resultou fundamental para a transformación da empresa.

A última folla de roteiro plasmouse neses 2023 de aniversario, un gran investimento marcado de 16 millóns de euro que contiña como iniciativa estrela a ampliación da nigranesa Delta Vigo Aeroestructuras, a principal das catro plantas que ten o grupo repartidas entre Porto do Molle, Vigo (Peinador e Valladares) e Illescas, Toledo. O presidente da compañía, Francisco Puga, achegou parte destes datos durante a visita que fixo o presidente Rueda o pasado 30 de decembro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)