As peaxes das autoestradas do estado suben un 4% de media, as autonómicas fican conxeladas
A AP-9 sube nada menos ca un 4,68%: ir da Coruña a Vigo sae a 21,45 euros, 95 céntimos máis que en 2025. O tramo de Santiago-Ribadulla sobe de 1,85 a 2 euros, Santiago-Bandeira pasa de 3,15 a 3,25, Santiago-Silleda de 4,20 a 4,35, e todo o percorrido de Santiago ao Alto de Santo Domingo queda en 7,25 e. A outra autoestrada do Estado que temos, a AP-53, Santiago-Dozón, sube tarifas o 3,64 %.
Sen embargo mantense os prezos na autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55), e na de Puxeiros-Val Miñor (AG-57), de xestión autonómica, as subas son asumidas con cartos públicos.
Os empresarios de transporte, fartos e representados por Fegatramer, xa a comezos de setembro iniciaron o proceso para conseguir que se declare a nulidade de pleno dereito das dúas prórrogas da concesión da AP-9, así como da venda das participacións de AUDASA.
Este procedemento pasa por solicitar do Consello de Ministros a revisión destes actos e disposicións e, segundo fontes de Fegatramer, “sa revisión é denegada de forma expresa ou por silencio administrativo, quedará expedita a vía contencioso-administrativa e poderase interpoñer unha demanda instalando a declaración desta nulidade ante o Tribunal Supremo, que é o camiño para poñer fin a esta situación, que noutro caso seguirán dilatando durante anos”. No prazo de 6 meses á presentación desta reclamación administrativa obrigatoria, poderase iniciar a reclamación no Supremo.
O Ministerio de Transportes vén de facer públicas as subas nas peaxes das autoestradas de titularidade estatal baixo concesión administrativa para 2026: dende o pasado 1 xaneiro deste ano subiron entre un 3,64% e o 4,68%, en función das condicións específicas de cada concesión. No caso da principal autoestrada galega, supoñerá unha subida do 4,68 %. Só no 2012 e nos dous últimos anos Transportes autorizou unha subida maior que a que experimentan os pasos do vial Ferrol-Tui neste 2026. A falta de que Audasa aplique en cada tramo o redondeo a múltiplos de 5 céntimos que lle permite utilizar a lexislación para axilizar os pagos dos poucos que aínda o fan con moedas, os principais tramos terán a seguinte variación para os vehículos lixeiros:
O tramo de Santiago-Ribadulla sobe de 1,85 a 2 euros (a falta de que Acega aplique e distribúa entre todos os tramos o seu dereito ao redondeo), Santiago-Bandeira pasa de 3,15 a 3,25, Santiago-Silleda varía de 4,20 a 4,35, e todo o percorrido, de Santiago ao Alto de Santo Domingo queda en 7,25 en lugar dos 7 euros actuais. A outra autoestrada do Estado na comunidade galega, a AP-53, Santiago-Dozón, terá unha alza nas súas tarifas do 3,64 %, sumando a variación do último ano e a parte que lle restaba á concesionaria para recuperar nos prezos das etiquetas a parte que non aplicou no 2023.
A Xunta, sen embargo, anunciou que se conxelarán as peaxes da autoestrada A Coruña - Carballo, AG-55, e a Autoestrada de Puxeiros-Val Miñor, AG-57. O custo de manter estas tarifas conxeladas será asumido polas arcas autonómicas.
Comentarios (0)