Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A segunda revolución de Bizum



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 05 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



Previsiblemente chegará co lanzamento de Bizum Pay previsto para mediados de 2026.  A plataforma española de transferencias instantáneas cun éxito indubidable no noso país -máis de 30 millóns de usuarios- e propiedade dos grandes bancos nacionais, está a piques de estrear un servizo que permitirá pagar directamente en comercios físicos e competir con Visa e Mastercard con menores comisións.

O grupo Caixa Rural, ao que pertence a lucense Caixa Rural Galega, é o primeiro grupo financeiro en obter a certificación oficial para ofrecer a nova app.


Similar ás plataformas de pago coas que xa contan Apple ou Android, neste caso estará directamente vinculada ao Bizum do cliente (e este á súa conta bancaria), sen necesidade de contar cunha tarxeta como intermediaria. Polo que poderase pagar directamente nos TPV dos comercios. 

Bizum Pay tamén cobrará unha comisión pero inferior á de Visa e Mastercard, que nos últimos anos elevaron canons. Tamén ofrecerá menos intermediarios no camiño de sumar comercios e incrementar a masa crítica. Bizum lembramos que naceu froito da colaboración de 34 entidades bancarias do país, para crear un sistema de pagos instantáneos. 

Quentando motores Bizum vén de pechar unha fichaxe para complementar a estratexia internacional, Sergio Pérez Mateo, novo Public Policy & Legal Advisor, procedente de Deloitte que axudará a seguir forxando conexións dentro do sistema financeiro nacional e internacional. Pérez actuará tamén de interlocutor con reguladores como o Banco de España e o Banco Central Europeo, así como con outras autoridades españolas e continentais afincadas en Bruxelas, París ou Frankfurt, xa que coñece ben o proxecto do euro dixital e analizou oportunidades de interoperabilidade entre aplicacións de pagos.  

Dende os días da pandemia o provedor de servizos de pago traballou xunto ao Banco de España para dar lugar a esta nova solución, que verá a luz nos próximos meses. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)