Galicia consolida unha cota de mercado que rolda o 8 % do total nacional das exportacións
Supera por primeira vez a comunidades cun PIB superior pechando 2025 cun récord histórico. Cataluña segue sendo o motor exportador da economía española, co 26,1 % do total, aínda que as súas vendas moderáronse o que non afectou a Madrid, cuxas exportacións creceron de forma notable.
O dato máis rechamante é o superávit comercial galego, o máis alto das comunidades , con máis de 8.000 millóns de euros e unha taxa de cobertura do 145,4 %, moi por riba da media nacional.
Segundo os últimos datos de comercio publicados polo ICEX, entre xaneiro e outubro a comunidade rozou os 26.000 millóns de euros en exportacións, un incremento do 0,9 % respecto ao mesmo período de 2024.
Bens de equipo de precisión (+19,9 %) automóbiles e motos (+8,6 %), produtos pesqueiros (+7,3 %) e confección (+2,5 %) en cabeza.
Onde vendemos? Ademais da evidencia europea a diversificación de mercados medra: as exportacións a Turquía disparáronse un 27,4 %, as vendas a Alxeria, Chile, Arxentina e Canadá rexistraron un aumento conxunto do 57 % se ben as de Estados Unidos caeron un 23,4%, ata 451,4 millóns de euros, polo contexto coñecido das taxas e aranceis. No caso da comunidade catalá, as exportacións corresponderon principalmente a produtos químicos (29,7 %), bens de equipo (16,5 %) e alimentación, bebidas e tabaco (16,2 %), que subiron un 7,7 %. E as vendas máis significativas de Madrid foron produtos químicos (30,3 %), bens de equipo (27,6 % ) e manufacturas de consumo (9,3 %).
Comentarios (0)