Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os galegos "excluídos" dos xogos de azar medran máis dun 75% nos últimos cinco anos



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 08 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



Que é iso da exclusión? Anotarse, de xeito voluntario ou por orde xudicial, no Rexistro Xeral de Interdicciones de Acceso ao Xogo (RGIAJ) que prohibe o acceso aos xestionados pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DGOJ) que regula a nivel estatal (principalmente xogos en liña), e a salóns, bingos e casinos que xestionan as Comunidades.

É máis: se os locais permiten o paso a unha persoa rexistrada son multados, como acaba de acontecer en Linares (Jaén).


Hai unhas semanas a Sección Civil e de Instrución número 4 do Tribunal de Instancia de Linares condenou a dous salóns de xogo deste concello por permitir o “acceso reiterado” a unha persoa inscrita desde maio de 2021 no citado rexistro. Os dous salóns, que teñen o mesmo dono, teñen que indemnizala con 6.000 euros.

Dende 2023 hai nova Lei do Xogo en Galicia e hai uns meses aprobouse o Observatorio Galego do Xogo para achegar "datos obxectivos e contrastables" que axuden á adaptar as políticas en materia de prevención e protección de menores e certos perfis con meirande risco de adicción. Estímase que o 24% dos galegos de entre 14 e 18 anos apostaron diñeiro nos moi variados xogos de azar que temos. 

De volta coas cifras de casa o RGIAJ para 2020 contaba con 1.392 persoas residentes en Galicia rexistradas -ben a vontade propia ou por orde xudicial, lembramos-, e no pasado 31 de decembro de 2025, había 2.457. Subiu per representa só o 2,13% dos 115.556 de toda España.

Gerardo Rodríguez, rehabilitado da súa adicción e presidente da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados; e hoxe é o coordinador de programas e vogal da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure), que naceu na Coruña en 1994 por iniciativa dun grupo de enfermos e da Psicóloga Pilar Ferreiro. Aínda que a sede social e asistencial están na cidade herculina operan en toda Galicia con servizos de asesororamento, tratamento e intervención. E recoñecen que o maior reto que teñen por diante é o de formarse en IA, porque abre as portas a novas adiccións que aínda non coñecen.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)