Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

WIM Studio investirá dous millóns de euros na súa planta de reciclaxe nas Pontes



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 09 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



En 2024 o Madrid Inside Art & Design (MIAD), entregoulles o primeiro premio ao material máis sostible polo Recycled Textile Stone®, composto patentado feito de residuos téxtiles triturados, cunchas de mexillón e resina natural de piñeiro. Exemplo: para Ilunion Hotels transforman uniformes e sabas en mobiliario. 

Se todo sae como está previsto na nova planta escalarán a tecnoloxía RTS nunha superficie total de 1.500 m². A inauguración da primeira fase (na imaxe, un proxecto de como sería) está prevista para antes de finalizar 2026.


WIM Studio, que ten sede en Culleredo (A Coruña) é coma un laboratorio de ideas, o que antes se desbotabahoxe convértese en revestimentos, mobiliario e pavimentos... están a facer taboleiros que, ao lado dun cerámico, dunha pedra, semellan o mesmo. O seu CEO, Pablo García Bodaño, leva anos no mundo contract -equipamento e decoración para espazos comerciais e públicos-, polo que sabe como e por onde moverse.

WIM Studio forma parte ademais da da Agrupación industrial de Sustentabilidade Viratec e do Clúster Saude Galicia. Neste marco, participou en dúas edicións da Business Factory Clima, cos seus proxectos de valorización de cinzas da madeireira FINSA, o que permitiulles integrar este residuo  abrindo unha nova vía de reutilización para un subproducto industrial complexo. Tamén desenvolveu un proxecto de xesos de obras e construción co Grupo Gestán.

No seu centro de Alvedro (Culleredo, A Coruña) traballa con clientescomo Ilunion, SH Hoteis, Iturri, Orona, OGOZA/Barbour ou Albia con solucións circulares personalizadas; pero a nova planta das Pontes, concibida como un salto definitivo cara á industrialización a gran escala. O proxecto contempla a creación de 17 empregos directos e máis de 20 indirectos.

Implementan ademais tecnoloxía blockchain para que cada peza inclúa un código QR que certifica a orixe exacta dos residuos utilizados nos mobles, paneis decorativos e solucións de iluminación. 

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)