Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Herrecha Inversiones traspasa ao Grupo Malasa o 30% da súa participación



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 15 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



O grupo volve a mans do seu fundador, Javier Pérez Patiño, que agora terá o 100% do capital do fabricante de mobiliario galego provedor de Inditex despois de que a vicepresidenta de Mercadona, Hortensia Herrero, decidise formalizar o traspaso.

En principio non asoman cambios na actividade, nin na estratexia industrial ou relación cos máis de 1.000 empregados que teñen repartidos entre España e México.


A coñecida firma consolidouse na fabricación de mobiliario e elementos á medida en madeira, metal, cristal e solid surface, ademais de encargarse da montaxe en obra tanto para empresas como para particulares. 

Con máis de 90 clientes, como importantes grupos internacionais do retail e a hostalería, Javier Pérez Patiño pasa a ser único accionista á fronte da toma de decisións, nova xeración da empresa familiar que, segundo comunicado, "reforza o proxecto empresarial desde unha posición de colaboración e traballo conxunto".

O fabricante de mobiliario personalizado ten a base principal de operacións en Cerceda (A Coruña) e fábricas en Querétaro (México),  o seu paraugas operan 12 empresas.

A última en chegar foi precisamente Malasa Mex, que naceu en 2020  sumándose ás outras 11, un punto estratéxico no país e con proximidade a Estados Unidos.













Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)