Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As tendas de proximidade consolídanse como canle imprescindible para o consumo local en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



Segundo o estudo Hábitos de compra en tendas de conveniencia: tendencias e patróns elaborado por Cs On Research para Coca-Cola Europacific Partners (CCEP), os consumidores galegos visitan as tendas de proximidade unha media de 2,3 veces á semana.


O 56 % dos galegos acode a comprar ás tendas de conveniencia polo menos un par de veces por semana, o que converte estes establecementos nunha peza fundamental na vida cotiá dos consumidores pola súa capacidade de ofrecer solucións inmediatas grazas á súa proximidade. Así o revela o estudo Hábitos de compra en tendas de conveniencia: tendencias e patróns, realizado por Cs On Research para Coca-Cola Europacific Partners (CCEP), que confirma que practicamente a totalidade dos consumidores do noso país (99 %) acode a este tipo de establecementos. En concreto, un 40 % dos galegos faino entre dúas e tres veces por semana, mentres que o 16 % todos ou case todos os días. A frecuencia media de compra nestas tendas de proximidade na rexión é de 2,3 veces.

Segundo este estudo, o máis valorado polos consumidores galegos para acudir a estes establecementos é a proximidade. Para o 86 % dos consultados, este é un aspecto que aprecian moito ou bastante. Así mesmo, un 80 % recoñece a importancia de contar con bens básicos ou esenciais e na mesma porcentaxe subliñan a dispoñibilidade e variedade de produtos para o consumo inmediato. Por exemplo, entre os produtos considerados “salvavidas” existentes nestas tendas, os refrescos fríos son a opción preferida para o 57 % das persoas consumidoras galegas, só por detrás das que compran o pan a última hora (o 77 %). Ademais, o 49 % dos galegos decántase pola compra de Coca-Cola entre todas as marcas dispoñibles nas tendas de conveniencia.

Neste contexto, das dez marcas de refrescos máis demandadas, seis pertencen a Coca-Cola: o 49 % adoita comprala en tendas de conveniencia, mentres que o 24 % decántase por Aquarius, o 21 % por Fanta, o 14 % por Fuze  Tea, o 10 % por Monster e o 5 % opta por Sprite. Os principais motivos de compra de refrescos de Coca-Cola nestas tendas son a proximidade (24 %) e o consumo inmediato (22 %).

Proximidade, rapidez e adaptación

A experiencia de compra tamén se valora positivamente entre os galegos: o 75 % afirma ser atendido sempre ou case sempre pola mesma persoa, e recibir, no 90 % dos casos, un trato próximo, profesional e amable,  que reforza o vínculo entre o consumidor e o comercio local.

“A proximidade, a rapidez na compra e a capacidade de adaptarse ás necesidades inmediatas do consumidor por parte destes establecementos converteron ás tendas de barrio, as de toda a vida, nun alicerce fundamental do consumo diario. O seu éxito radica en ofrecer produtos esenciais ao alcance da man, manter horarios flexibles e xerar unha experiencia de compra áxil que responde perfectamente á rutina moderna”, explica Rubén Casado, director de Desenvolvemento de Negocio de Coca-Cola Europacific Partners.

Non é de estrañar, por tanto, que algúns dos principais motivos para acudir ás tendas de conveniencia sexan a proximidade (60 %), resolver necesidades urxentes ou imprevistas (36 %) ou apoiar o comercio local (26 %).

O estudo revela que a maioría das compras concéntranse en horario de tarde, coincidindo coa saída do traballo ou de clase. Algo máis da metade dos consumidores que acoden a estes establecementos, fano por urxencias ou esquecemento (52 %), e un 36 % por caprichos ou antollos. Para estes consumidores convértense en “salvavidas” do día a día, especialmente dos que viven en contornas urbanas. O 61% recoñece recorrer a unha tenda de conveniencia cando lle faltaba un ingrediente esencial, seguido de quen o fixo por un antollo (43 %), ou pola chegada dunha visita inesperada (24 %).

Unha canle en crecemento

As tendas de conveniencia están a experimentar un crecemento que ten que ver con cambios estruturais no consumo. Estas novas tendencias responden o interese das persoas por adaptar a cesta da compra ás súas necesidades e aos seus hábitos de consumo.

Segundo outro estudo de IGD Research, a canle de conveniencia será o cuarto con maior evolución a nivel mundial no próximos cinco anos, cunha taxa de crecemento anual composta do 4,1 %. Europa, que xa é o segundo mercado global neste formato, verá, en 11 dos seus 20 principais países, superar o 10 % de penetración. Prevese que España sexa o sétimo mercado europeo en vendas na canle de conveniencia en 2028, cun crecemento anual estimado do 3,4%.

Esta canle ten un valor estratéxico adicional: é unha porta aberta para conectar con novos consumidores, especialmente entre públicos novos que realizan compras rápidas, frecuentes e asociadas a momentos concretos do día ou ao reunirse en casa con amigos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)