Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A empresa de loxística aragonesa Alerce Group compra a galega Plus 42



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 16 DE XANEIRO DE 2026 · (0)



Con sede na Coruña Plus 42 naceu en 1997 centrada nun sector para o cal desenvolveu o considerado mellor software (ERP), Gesruta, sobre todo para empresas de estrada de carga completa con módulos de tráfico, facturación, xestoría, almacén e gastos.  Instalado en máis de 1.000 clientes a capacidade para reducir custos de combustible e mellorar a eficiencia da frota é un punto crave.

José Sanjuan está detrás desta peme galega que conseguiu crecementos anuais por riba 30% no últimos tres anos. Tras da adquisición o equipo en principio seguirá como antes aínda que afirman que “xeraranse grandes sinerxias que impulsarán a crecer a un ritmo aínda maior”.


Gesruta ten éxito porque ademias permite controlar todo o departamento en tempo real, facilitando a asignación de viaxes e a emisión de CMR, e optimiza roteiros. Tamén ofrece un rexistro automático de inventarios e control de albarás que axiliza a verificación de mercadoría.  Ademais de Gesruta desenvolveron en 2024 a app LoLoPlus.

De aí o interese que espertou en Alerce Group.

Esta compra é a quinta que a empresa aragonesa Alerce Group realizou desde a súa asociación co fondo de investimento Oakley Capital en 2023 vive un crecemento orgánico. Actualmente, a cifra de negocio coas últimas adquisicións supera os 22 millóns de euros, dos que o 35% provén de Francia, Portugal, Colombia, Chile e Arxentina. "Estamos moi satisfeitos con este paso e tremendamente ilusionados polo futuro que construiremos xuntos".

A compañía fundouse en Zaragoza en 1989 pola familia Pardo e, desde entón, consolidouse como provedor líder de software de xestión integral de transporte para empresas españolas de transporte de carga fraccionada, courier, paquetería, paletería e grupaxe. As sinerxias coa firma coruñesa son mais ca evidentes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)