Os españois gastamos ao ano 16.218 millóns de euros en refrescos
Sumamos o 3,3% do gasto total mundial neste tipo de bebidas. As cifras analizadas polo curioso estudo de Constanza Business & Protocol School "O gasto en refrescos 2016", mostran que cada español gasta, en concreto, case 350 euros nestas bebidas.
Pero a nivel mundial espérase que China -o xigante dos xigantes- supere a Estados Unidos como o maior mercado do mundo en refrescos pasando a súa cota de mercado do 16% en 2015 ao 19% en 2019.
 09.42.03.png)
As Comunidades Autónomas nas que máis se gasta en refrescos son as máis poboadas: Andalucía, Cataluña, Madrid e C. Valenciana, e tamén son as que se bebe unha maior cantidade de refrescos. En palabras de Juan Aitor Lago, Profesor de Constanza Business & Protocol School, Director do Departamento de Investigación e do estudo, “España é un dos mercados máis importantes do mundo, non en balde, os españois son os cuartos consumidores de refrescos a nivel mundial, cun consumo por habitante de 312 litros. E prevese que continúe así nos próximos anos”.
Os países que máis gastan en refrescos no mundo son Estados Unidos, China, Xapón, Alemaña e Brasil pero os cidadáns que máis gastan nestas populares bebidas sen alcol aptas para cativos, adultos e abstemios; son neozelandeses, estadounidenses, alemáns, españois e británicos. Segundo Mª de las Nieves Pérez Verdú, investigadora do estudo, os mercados emerxentes son cada vez máis importantes xa que China e Brasil xa están no segundo e terceiro posto como maiores consumidores no noso planeta.
Comentarios (0)